Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/06/2019 | Actualizada ás 13:28
A nena de 12 anos de idade atropelada este luns cando cruzaba un paso de peóns de camiño ao colexio no termo municipal de Poio evoluciona "ben". Así o sinalaron fontes consultadas por Europa Press, que apuntaron que a menor está "estable" despois de ser intervida cirurxicamente.
No marco das pescudas da Policía Local constatouse que a menor cruzaba un paso de peóns regulado por semáforo, que estaba en ámbar con preferencia para os peóns, cando un vehículo que circulaba sentido Pontevedra lle deu un primeiro golpe e a desprazou ao outro carril. Nese momento, un camión que ía sentido Sanxenxo arroiouna e a nena quedou debaixo do vehículo.
En concreto, a nena cruzaba a Avenida da Barca, á altura do número 32, sobre as 8,30 horas deste luns cando foi atropelada. Os bombeiros mobilizados tiveron que levantar o camión para liberar á menor.
A nena foi evacuada nunha ambulancia medicalizada do 061 ao Hospital Provincial en Pontevedra, onde foi estabilizada, tras o que a trasladaron ao Hospital Clínico de Santiago, onde a operaron. Os golpes de importancia levounos na zona da cadeira e parte na barriga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.