A produción industrial galega cae un 11% en abril, o maior descenso entre comunidades

Galicia tamén rexistra os peores datos no acumulado do que vai de ano

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) caeu en abril un 11,4% en Galicia respecto ao mesmo mes de 2018, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

De tal forma, Galicia sofre o maior descenso entre comunidades, seguida de Baleares (-9,8%) e Castela e León (-8,1%). A media de baixada española é do 2%. No outro extremo, en Murcia hai un crecemento do 13,2%.

Deste xeito, Galicia acumula cinco meses coa taxa de produción industrial en negativo, xa que o último dato positivo produciuse en novembro de 2018. Así, na media do que vai de ano --entre xaneiro e abril-- a Comunidade sitúase nunha taxa negativa do 7,2%, o peor dato do país. Mentres hai unha media do 0% en España.

Este retroceso en Galicia está liderado pola enerxía (-26,4%). Séguelle o descenso dos bens de equipo (-11,5%), bens de consumo duradeiro (-11,%) e bens intermedios (-10,7%). En datos positivos están os bens de consumo non duradeiro (+4,7%) e os de consumo (+3,7%).

DATOS ESTATAIS

En España, o IPI baixou un 2% o pasado mes de abril en relación ao mesmo mes de 2018, taxa 1,8 puntos inferior á de marzo, segundo informou este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

A produción industrial galega cae un 11% en abril, o maior descenso entre comunidades. EPDATA
A produción industrial galega cae un 11% en abril, o maior descenso entre comunidades. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta