Detida unha muller en Marín por tráfico e venda de cocaína e heroína no seu domicilio

Estes feitos estaban a xerar inseguridade entre os veciños da zona, debido á gran afluencia de persoas alleas, "presuntamente toxicómanos", que en ocasións tiñan enfrontamentos violentos na vía pública.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional detiveron a unha muller por un delito de tráfico e venda de cocaína e heroína no seu domicilio en Marín. A muller, de 51 e con varios antecedentes policiais por feitos similares, realizaba as vendas na súa propia vivenda, onde os compradores tamén consumían estupefacientes, segundo explicou a Policía Nacional nun comunicado.

As informacións iniciais deste suceso remóntanse no principio do ano, cando o Grupo Local Operativo da Comisaría de Marín recibiu información de fontes cidadás dos feitos, que foron, posteriormente, confirmadas por axentes policiais de Seguridade Cidadá na zona. Estes feitos estaban a xerar inseguridade entre os veciños da zona, debido á gran afluencia de persoas alleas, "presuntamente toxicómanos", que en ocasións tiñan enfrontamentos violentos na vía pública.

Os axentes policiais puxeron en coñecemento a situación ao Xulgado de Instrución número 1 de Marín para solicitar unha orde de entrada e rexistro no domicilio da investigada. Durante o rexistro da vivenda incautáronse cantidades pequenas de heroína e cocaína, así como diferentes útiles para pesar e manipular as sustancias. Tamén había teléfonos móbiles e un rexistro das vendas. A muller foi detida e posta a disposición da autoridade xudicial, quen finalmente foi posta en liberdade con cargos tras declarar no xulgado.

Coche da Policía Nacional. POLICIA NACIONAL - Arquivo
Coche da Policía Nacional. POLICIA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta