Cetmar colaborará en estudos sobre a acuicultura no Atlántico

A investigación, que está financiada pola Unión Europea e conta cun orzamento de 8,5 millóns de euros,

Por E.P. | VIGO | 05/06/2019 | Actualizada ás 18:15

Comparte esta noticia

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Xunta, colaborará nun proxecto que desenvolverá 11 estudos de caso mediante os que se investigarán novos produtos e a optimización da produción na acuicultura en augas do Océano Atlántico.

Segundo detallou a Consellería do Mar, a investigación, que está financiada pola Unión Europea (UE) e conta cun orzamento de 8,5 millóns de euros, tamén abordará a aplicación da economía circular na acuicultura.

No proxecto, denominado Aquavitae, estudaranse melloras para o cultivo de macroalgas, a acuicultura integrada multitrófica, especies de equinodermos, moluscos e peces. A iniciativa comezará a desenvolverse esta semana, cando terá lugar o primeiro encontro en Noruega, e finalizará en 2023.

A investigación contará coa participación de 36 entidades de 16 países procedentes de catro continentes bañados polo Océano Atlántico, ademais de con a de Cetmar. En concreto, a fundación galega liderará os traballos sobre comunicación, coñecemento e formación. Tamén guiará a interacción entre as distintas partes interesadas e abordará a análise socioeconómica da acuicultura e a súa seguridade alimentaria.

Arroaces fotografados o 15 de marzo de 2019
Arroaces fotografados o 15 de marzo de 2019 | Fonte: Cemma.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta