O Xacobeo, prioritario nos orzamentos da Xunta para o 2020

Facenda tamén se centra en gasto social e I+D+i.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2019 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

A Xunta comezou este xoves o proceso de elaboración dos orzamentos de 2020, os últimos da lexislatura, que estarán centrados no gasto social, o I+D+i, o Xacobeo 2021 e as axudas a pemes e autónomos.

Segundo informa a Consellería de Facenda nun comunicado, nestas contas haberá un impulso ao capítulo de investimentos, mentres se seguirá a senda de de crecemento "estable e san" que permitiu un crecemento do PIB galego do 2,8% en 2018 e o aumento do emprego.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde de Facenda pola que se ditan instrucións para realizar estes orzamentos, cun apoio a sectores estratéxicos, conforme ao modelo de crecemento do Plan Estratéxico 2015-2020, cunha potenciación do benestar e a cohesión social e territorial.

Neste traballo tamén se terán en conta condiciones externas a Galicia como as incertezas política e macroeconómica, así como o fin do proceso de consolidación fiscal. Como novidade, incluirase un informe en clave de infancia para seguir as recomendacións da ONU nesta materia.

Así, as tarefas estruturaranse en catro comisións: de análise e avaliación de programas de gasto; de ingresos propios e finalistas; de fondos europeos e de compensación interterritorial; así como a de funcional de gasto, que determina a distribución por programas, capítulos e proxectos.

Feijóo na presentación dun acto do Xacobeo
Feijóo na presentación dun acto do Xacobeo | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta