A borrasca 'Miguel' entra en Galicia con ventos de case 120 quilómetros por hora

Alcanzáronse os 116 quilómetros por hora en Vimianzo e se acumularon 46 litros por metro cadrado en Santa Comba e 34 en Lousame.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/06/2019 | Actualizada ás 13:54

Comparte esta noticia

A borrasca 'Miguel' entrou en Galicia, pola que se activou ás 12,00 horas alerta por ventos fortes, e nas primeiras horas deixou refachos máximos de vento de 116 quilómetros por hora en Vimianzo (A Coruña) e máis de 46 litros por metro cadrado pola choiva na localidade coruñesa de Santa Comba.

Segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 13,30 horas, recollidos por Europa Press, os refachos máximos de vento rexistráronse ata o momento en localidades con altitude menor de 900 metros como Vimianzo, Cuntis, con 108,6 quilómetros por hora, e Carnota  con 101,5 km/h. Ademais, o vento deixou refachos de 99 quilómetros por hora en Ribeira  e de 97,1 km/h en Bueu. En zonas de montaña, o vento alcanzou o 86,1 km/h na Veiga e os 74,8 en Maceda, ambas as localidades ourensás.

En canto ás precipitacións, os maiores rexistros corresponden a localidades coruñesas nas primeiras horas, xa que se acumularon máis de 46 litros por metro cadrado en Santa Comba, máis de 34 en Lousame, máis de 33 en Rois e máis de 31 l/m2 en Zas.

A Xunta recomenda suspender as actividades deportivas ao aire libre en parte de Galicia pola borrasca 'Miguel'. EUROPA PRESS - Arquivo
A Xunta recomenda suspender as actividades deportivas ao aire libre en parte de Galicia pola borrasca 'Miguel'. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta