A Coruña será "O orgullo do Norte" co nacemento do Atlantic Pride, o festival do Orgullo LGTBQI+

O evento será gratuíto e encherá a cidade de música, cinema, gastronomía e conciencia social.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/06/2019 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Coruña contará desde este ano co seu propio Festival do Orgullo LGTBIQ+, un proxecto que xa foi adiantado o pasado mes de novembro, cun espectáculo de presentación que tivo lugar no Teatro Colón, escenario elixido nesta ocasión para dar o pistoletazo de saída a esta primeira edición do que a organización busca converter en "O orgullo do Norte".

Bandeira LGTBI
Bandeira LGTBI

Atlantic Pride presentouse este venres como unha semana de festexos, cultura, gastronomía e integración, que arrincará o domingo 7 de xullo cunha Festa ABBA na Fundación Luís Seoane e rematará o sábado 13 de xullo co directo da Casa Azul, no escenario Estrela Galicia, situado nos Xardíns de Méndez Núñez. Entre medias, cinema, gastronomía, música e espectáculos infantís.

"Quixemos deseñar un programa no que caiba todo o mundo, porque o Atlantic Pride busca transformarse nunha cita imprescindible, non só para os coruñeses, senón para todos aqueles que decidan achegarse á Coruña nestes días. Esta cidade é aperturista, acolledora e inclusiva, e iso é o que quixemos mostrar", explicou Iván Cervo de Orgullo Coruña ORCO, a asociación que deu forma a un festival que nace con vocación de continuidade.

O concelleiro de Culturas no Concello da Coruña, José Manuel Sande, mostrouse orgulloso dun proxecto "no que a cultura e o lecer son os grandes protagonistas. Haberá cinema, gastronomía, e moitas actividades que pronto se desvelarán, pero a gran protagonista será a música en directo".

CARTEL

E por iso os dous días principais, venres 12 e sábado 13, despregarase un escenario nos Xardíns de Méndez Núñez que acollerá os espectáculos de Dj Arufe, Presumido, Kika Lorace, Dj's LG, O Fondo da Barra, Marcelo Dobode, Las Chillers, Dj Flashback, Dj Licho e a cabeza de cartel, La Casa Azul.

O proxecto de Guille Milkyway chega á Coruña cun directo gratuíto no que presentará 'La Gran Esfera', o seu último traballo, e no que non faltarán grandes clásicos do repertorio do artista, autor de hits como 'La Revolución Sexual' ou 'Como un Fan'.

O presidente do Consorcio de Turismo da Coruña, Alberto Lema, destacou "o orgullo de ser unha cidade que respecta e protexe as diversidades". Lema felicitou desde o Consorcio á organización do evento por pór en marcha un festival que reúne "todas as condicións para definirse como un "importante activo enmarcado no discurso turístico da cidade".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 anonimo

En serio os da FPG montan saraos en español? https://m.facebook.com/story.php?st...

2 Sentidiño

O nome en inglés e o cartel en español ("El orgullo del norte") como corresponde. Que las lesbianas ni te hablan en gallego, neno!

1 víndeover

Estará o lord Pacorro Vazquez botando chispas e culebras pola boca...