Un lume arrasa a cociña dun club-bar en Carral

Un home tivo que ser trasladado ao hospital.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2019 | Actualizada ás 10:49

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser evacuado esta pasada noite polos servizos sanitarios de emerxencia tras ser afectado por un incendio declarado na cociña dun bar do lugar de Esperón, no concello coruñés de Carral.

Eran as 21,30 horas cando o 112 Galicia recibiu unha chamada de alerta do persoal do establecemento pedindo axuda por un lume que comezou na cociña, aínda que o fume terminou afectando tamén o piso superior.

Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) avisou aos Bombeiros de Arteixo, que contaron co apoio do parque de Betanzos para acabar cando antes coas chamas, "que devoraron a parte traseira do club-bar de Esperón, destinada á cociña".

O suceso causou moita alarma entre os veciños e os donos do bar, aínda que só un home tivo que ser atendido e trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. Pasada a media noite, os bombeiros conseguiron sufocar o incendio. Con todo, durante a madrugada, tiveron que volver debido a que o lume se reactivou no falso teito, o que ampliou a actuación ata o tres da mañá.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta