O conselleiro de Sanidade comprométese a traballar pola "equidade" nas enfermidades inflamatorias intestinais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2019 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comprometeuse a traballar pola "equidade" no tratamento das enfermidades inflamatorias intestinais, por medio da "ruta de atención asistencial" que está a elaborar o Servizo Galego de Saúde (Sergas) para este asunto.

Almuiña estivo presente este sábado na inauguración do IV xornada provincial informativa para enfermos, familiares e coidadores das patoloxías de Crohn e colitis ulcerosa, organizada pola Asociación Sociosanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizados (ASSEII).

"A participación das asociacións desde o primeiro momento para elaborar un documento de consenso que garanta a calidade da atención e faga máis homoxéneo o proceso de atención a estes pacientes", destacou o titular de Sanidade, segundo recolle a Xunta nun comunicado.

Ademais, afirmou que "habitualmente os pacientes de enfermidades inflamatorias intestinais teñen un seguimento independente por parte de distintos especialistas". Á súa vez, estes especialistas "atenden un grupo de patoloxías heteroxéneas que son obxecto de diferentes abordaxes terapéuticas", polo que, en palabras de Almuiña, "esta ruta asistencial permitirá establecer criterios comúns de atención, tratamento e seguimento da enfermidade para calquera profesional de Galicia".

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Europa Press - Archivo
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña. Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta