O cisma do PSdeG en Lugo pode ameazar as posibilidades de Caballero para presidir Xunta

A guerra aberta entre entre sectores enfrontados do PSOE lugués tras a decisión do rexedor de Monforte, José Tomé, de presentar a súa candidatura á presidencia da Deputación de Lugo pode provocar graves consecuencias, entre elas, inestabilidade nas institucións e, efectos electorais adversos para os socialistas. Ese é o temor de destacados dirixentes socialistas na provincia.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 09/06/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia