Detido un home por atropelar a un veciño de Padrenda por unha suposta rifa

Impútaselle un presunto delito de tentativa de homicidio.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/06/2019 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Xinzo de Limia (Ourense) detivo a un home por atropelar a un veciño da localidade ourensá de Padrenda por unha suposta rifa.

Segundo informaron fontes próximas á investigación, o detido, que permaneceu en dependencias do cuartel de Xinzo de Limia, está previsto que pase a disposición xudicial a partir das 12,30 horas deste luns en Bande.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, ás 20,00 horas deste domingo foi detido J.N.F., de 57 anos de idade e veciño de Formarigo, en Padrenda, como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio.

O home foi arrestado tras atropelar co seu vehículo a un veciño de Agra, no mesmo municipio de Padrenda, de 46 anos, ao que lle causou lesións en mans, custado esquerdo e cabeza, debido ao que foi trasladado nunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), sinalaron as mesmas fontes.

A investigación apunta a unha posible rifa como causa do atropelo desta persoa. As dilixencias instruídas e o detido foron postos a disposición do xulgado de Bande (Ourense).

Operativo da Garda Civil
Operativo da Garda Civil | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta