O PSOE de Maceda negocia con outras tres forzas para liderar un goberno alternativo ao PP

Pretende alcanzar un acordo para un goberno de progreso e alternativo ao PP, que perdeu a maioría nas eleccións locais do pasado 26 de maio.

Por E.P. | OURENSE | 10/06/2019 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

O Partido Socialista de Maceda informou de que está a negociar con Espazo Común, Compromiso por Galicia e Cuidadanos para a conformación dun goberno de progreso neste municipio despois de que o PPdeG perdese a maioría nas eleccións locais do pasado 26 de maio.

Diso informou nun comunicado remitido aos medios este luns, no que explica que está á espera de resposta deste tres formacións despois de que o PP perdese a maioría absoluta ao pasar de seis a cinco concelleiros. Pola súa banda, os socialistas lograron tres, mentres que Espazo Común, Ciudadanos e Compromiso por Galicia fixéronse cun cada un.

"Queremos transmitirlle aos nosos veciños que levamos desde o minuto un da noite electoral contactando co resto de candidatos e candidatas para alcanzar un acordo para un goberno alternativo ao PP en Maceda", sinala.

Ademais, os socialistas aseguran o seu candidato, Xabier Oviedo, non supón "ningún atranco" para chegar a acordos e subliñou que, desde o principio, prestouse a "tentar conformar un goberno alternativo".

Precisamente, a designación de Oviedo, que xa fora rexedor de Maceda polo BNG, como candidato provocou antes dos comicios a ruptura do grupo municipal e a marcha da entón portavoz socialista Ana María Rodríguez, quen acabou presentándose polo partido fundado por Pachi Vázquez, Espazo Común.

A candidatura do PSOE por Maceda
A candidatura do PSOE por Maceda | Fonte: Facebook Socialistas de Maceda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta