O BNG de Viana do Bolo pide "responsabilidade" aos socialistas, xa que "non entende" as súas reunións co PP

Os nacionalistas din que "a inmensa maioría dos veciños optaron por un goberno alternativo ao PP".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2019 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O BNG de Viana do Bolo (Ourense) reclamou este luns "responsabilidade" aos socialistas xa que "a inmensa maioría dos veciños optaron por un goberno alternativo ao PP" nesta localidade ourensá.

Concello de Viana do Bolo.
Concello de Viana do Bolo.

Neste sentido, o BNG "non entende" a existencia de reunións entre o PSdeG e o PP de Viana. "Dá moito que pensar que un partido que se di progresista e de esquerdas como o PSdeG se reúna co PP para falar do goberno municipal ou de temáticas municipais neste momento", criticou.

O BNG tamén lamentou este luns os "ataques e difamacións" que, ao seu xuízo, o Partido Socialista de Galicia realizou contra o grupo nacionalista. Así respondeu nun comunicado a un escrito remitido polos socialistas locais despois de que o Bloque lles propuxera dialogar para a conformación dun novo goberno municipal. Nesa reunión, levada a cabo o 30 de maio, o PSdeG informou que se ían a reunir tamén co Partido Popular.

O BNG asegurou que "non vai tolerar" estes "ataques" e mostrou o seu "rexeitamento contundente" e a súa "sorpresa e malestar". "Non entendemos con que obxectivo se formulan ataques dese tipo e se inclúen mentiras de tal calibre sobre a outra parte se está nun proceso de diálogo, a non ser que precisamente o obxectivo de tal práctica sexa precisamente romper calquera posibilidade de acordo", criticaron desde as filas da formación rupturista.

Para o Bloque, a "única proposta razoable" para Viana do Bolo é a de formar un goberno local entre nacionalistas e socialistas, onde o alcalde sexa das filas do BNG, mentres que o PSdeG teña un tenente de alcalde.

"Na liña do manifestado polas direccións do BNG e PSdeG a nivel galego esta fin de semana, cremos que romper a dinámica xeral de apoio á conformación de gobernos alternativos ao PP en todos os concellos en que é posible sería unha enrome irresponsabilidade e unha actitude que situaría a quen a fixese baixo a lupa e a mirada pública", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta