Temas: XARDA UE PESCA

Galicia pide a Europa que compense a perda de pesca de xarda por erros en avaliacións científicas

A Xunta defende a flexibilización das posibilidades de pesca en 2020.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2019 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defendeu este luns en Madrid que a Comisión Europea compense a perda de posibilidades de pesca de Galicia e España por erros detectados nas avaliacións científicas da especie.

Galicia pide a Bruxelas que compense a perda de pesca de caballa por erros en avaliacións científicas. XUNTA
Galicia pide a Bruxelas que compense a perda de pesca de caballa por erros en avaliacións científicas. XUNTA | Fonte: Europa Press

Por iso, a conselleira empraza a Bruxelas a que se revise o Total Admisible de Capturas (TAC) para este ano despois de que a "pesqueira da xarda xa terminase" para a frota galega. Así o apuntou no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios, celebrado en Madrid co ministro de Pesca en funcións, Luís Planas.

Ademais, a titular de Mar defendeu a flexibilización das posibilidades de pesca en 2020, co fin de que se teña en conta o bo comportamento dos stocks desta especie nas zonas nas que faenan as frotas galega e española.

En concreto, apunta que o 78% das poboacións se atopan no Rendemento Máximo Sustentable (RSM), é dicir, no nivel óptimo de capturas que poden extrarse cada ano sen prexudicar a especie. Precisamente, en 2020 todas as pesqueiras teñen que aplicar o RSM, co pano de fondo do 'Brexit'.

Outro dos asuntos abordados neste encontro foi o regulamento do futuro Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), un tema que aínda está a debate. Galicia aposta por unha ferramenta de financiamento flexible e a mellora da habitabilidade dos buques, así como por que se mellore a redacción do artigo relacionado con sancións de pesca ilegal que obriga a inadmitir as axudas ás confrarías para que non haxa prexuízos para o sector.

Temas: XARDA UE PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta