Marroquís, brasileiros e dominicanos, os estranxeiros que máis se nacionalizan en Galicia

Un total de 2.366 residentes estranxeiros en Galicia nacionalízanse en 2018, máis do dobre que en 2017.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 11/06/2019 | Actualizada ás 12:01

Comparte esta noticia

Un total de 2.366 residentes estranxeiros en Galicia adquiriron a nacionalidade española en 2018, o que supón máis do dobre que os 927 que así o fixeron en 2017.

De acordo cos datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE), este incremento do 155% que tivo lugar en Galicia está por encima do avance da media española --crece un 36,6%, ata un total de 90.828--. En concreto, o 2,5% dos estranxeiros residentes na Comunidade galega en 2018 adquiriron a nacionalidade. Unha taxa lixeiramente superior ao 2% da media de comunidades.

Aínda que é unha cifra moi por encima da de 2017, os nacionalizados en Galicia en 2018 están por baixo do dato alcanzado en 2016, xa que entón foron 3.948. Dos 2.366 estranxeiros que se nacionalizaron, 1.362 son mulleres e 1.004 son homes. Por grupos de idade, o maior grupo foi entre os 35 e os 39 anos (con 338 nacionalizados). A gran maioría adquiriron a nacionalidade a través da residencia (1.929 persoas).

A MAIORÍA, DE SUDAMÉRICA

No tocante ao lugar de nacemento dos nacionalizados, a maioría é de Sudamérica (1.170), seguido Centroamérica e Caribe (523), África (436), países da UE que non son España (142) e Asia (44).

Por países de nacemento, destacan Marrocos (287 persoas), Brasil (286), República Dominicana (285), Colombia (240), Cuba (162), Perú (162), Venezuela (127) e Portugal (78).

Afiliación estranxeira/  MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo / Europa Press
Afiliación estranxeira/ MINISTERIO DE TRABALLO - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta