A Xunta pagou 7,2 millóns a La Voz de Galicia dende que goberna Núñez Feijóo

Unha investigación do GC e do Novas da Galiza revela todas as axudas aos editores de prensa dende que goberna o PPdeG. Hoxe debullamos os pagos o máis beneficiado, o Grupo Voz. Santiago Rey recibe case a metade dos pagamentos da Xunta aos xornais. En menos de tres anos van máis de sete millóns, un 65% deses cartos sen concurso público.

Por Walter Burns (GC) e Hilda Carvalho (NdGZ) | O Irixo | 13/02/2012 | Actualizada ás 07:50

Comparte esta noticia

O Grupo Voz suma 7.266.864 euros en pagamentos da Xunta dende que goberna Alberto Núñez Feijóo, publicidade á marxe. O empresario Santiago Rey, dono de La Voz, recibiu máis do 40 por cento dos cartos que o Goberno reparte entre os editores de prensa galegos. As axudas a La Voz a través do DOG no supoñen nin o 35% de todo o cobrado en Sabón.

None

Estas son as principais conclusións dunha base de datos que o GC Plus e o Novas da Galiza publicarán este xoves. Como adianto dese informe sobre as axudas á prensa, GC publica os pagamentos a La Voz. Poden descargarse en formato para Openoffice, PDF e Microsoft Excel.

Rey carga contra as axudas á competencia

Santiago Rey publicou este domingo unha dura editorial na que carga contra unha Xunta que “apoya sin ningún tipo de explicación a empresas inviables e insolventes, dando oxígeno a experimentos quebrados, como sucede en la industria y en algunos medios de comunicación”.

Os datos proban que a rendibilidade do Grupo Voz tamén estaría en cuestión sen o volume de pagamentos que recibe dende San Caetano. A maioría destes cartos, o 65,3%, son a dedo. Recíbeos sen mediar concurso público no DOG que permita a concorrencia doutras cabeceiras.

None

Máis de 2 millóns en convenios a dedo

Por exemplo, no que vai de lexislatura La Voz recibiu 2,17 millóns en convenios. Os convenios son acordos bilaterais entre as consellerías e unha empresa. Non hai  publicidade nin competencia. A cantidade a entregar e o empresario favorecido depende unicamente do criterio de cada conselleiro.

Nesta lexislatura a Xunta firmou 21 convenios de colaboración co Grupo Voz. Normalmente os conselleiros reparten os convenios entre todos os grandes grupos para que ninguén se sinta discriminado. Con todo, hai casos de convenios unicamente para o diario da Coruña. Por exemplo, os 125.000 euros que lle pagou Educación por unha colección sobre as letras galegas. Todas as consellerías e varios departamentos menores (IGE, Augas de Galicia, etc.) firmaron convenios con esta cabeceira.

Dous millóns e medio para fomentar o galego

Dos 7,2 millóns pagados nesta lexislatura ao Grupo Voz, unicamente 2,5, menos do 35%, veñen das subvencións que publica o DOG todos os anos. Esas convocatorias son as únicas nas que hai criterios públicos e iguais para todos.

Cómpre ter en conta que o Goberno leva décadas publicando estas axudas para, entre outros fins, fomentar o galego na prensa. La Voz a penas publica na lingua propia fóra de Cultura e Opinión, como fan a práctica totalidade dos xornais beneficiados. Polo menos, ese diario é unha das poucas cabeceiras que respecta a lingua dos entrevistados, outros dos requisitos fixados no DOG.

Un sistema caciquil con décadas de historia

En 1996, nos tempos de Fraga, a revista Galicia Internacional publicou unha reportaxe similar a esta. Na portada, unha teta de vaca alimentaba unha muxidora automática cos logos de La Voz, Faro, etc. Chegou o bipartito e mantivo este reparto clientelar, co único avance de facilitar o acceso aos convenios e aos contratos unha vez asinados.

En definitiva, Feijóo non creou este sistema pero segue cebándoo en plena crise, violando o seu programa electoral e contradicindo o seu discurso a prol da austeridade no gasto.

O granxeiro é outro, pero a vaca (a Xunta), os tetos da muxidora (os grandes xornais) e, sobre todo o leite (os cartos dos galegos) son os mesmos que os da foto daquela portada de hai 16 anos.

Máis información sobre o resto de grupos o próximo xoves.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

25 Andrés Teijido

O máis interesante desta nova, non só é a nova en sí, senón que é que colaboran GC e Novas da Galiza. Estanse rachando concetos moi, pero que moi interesantes no país. Estou fondamente orgulhoso delo. Seguide por eses vieiros e que se vaian lonxe os perpetuamente indecisos e estrategas de 3 ao cuarto.

1 Meendiño

Tes toda a razón no de que colaboren o Novas e o GZ. O que temos que facer o lectores é recompensar o seu traballo apoiándonos economicamente. A LaBOZ xa hai quen lle pague.

24 Raul

¿Por qué non pregunta a oposición cantos milllóns ao ano leva La Voz de Galicia de TVG (preto de 7 millóns de euros) Resposta: Por que aquñi non hai oposición política, o que hai é un atallo de de babecos.

23 rapposos!

Mira que leva pasta a esgalla La Voz de Galicia de Martiño Noriega

22 Cholor

Leiriñas veñen, leiriñas veñen, leiriñas veñen e vai... así nos vai aos jalejiños... que burro debe ser ese Santiago Rey que lle dan más de 7 millóns de euros e zóscalle ao Feijoo. O BNG xa se desintegra... sigamos co boicoz... mais cartiños pa panfletos. Hoxe a Voz é o xornal que máis escribe en galego, e o único que coñezo que alterna as dúas linguas nas informacións... pero eso, vos sejide cas leiriñas

1 Akribéstaton

Entrevista de várias páginas a Franciso Vázquez. Informação de uma página sobre o edifício Fenosa. E no grande diário mestre de insidias e associações estereotipadas não se encontra nem o mais mínimo vínculo. Isso é LVG. Porque o Guilherme não possa suster a cabeça a ignomínia não vai ser menos oprobriosa. O Jornal que mais escreve em galego: mais que o Faro, La Opinión, etc. Mais o quale (o como e o por quê e o para quê) é exatamente o mesmo. LVG é grande, como grande é o bócio. E o bócio de Galícia é enorme!

2 Para Cholor

Cholor, un saúdo parar os directivos de Sabón. O xoves volvede por aquí, que ides saír máis contentos, descubrindo que vos moveu os marcos desa leiriña, que é vosa por designación divina.

3 Cholor

Leiriñas veñen e van... Nin mais nin menos que ninguén... vos seguide facéndovos pequeniños... portujalejos... que juai, non ao castelán, si o portuxés... carallo que nacionaleiros sodes... non te vais rianguera...

4 Para Cholor

Non Cholor/Soneu, a noticia está en galego, na norma máis popular. O que está nun idioma inintelixíbel é o teu exabrupto. Volve mañá, e así lle podes levar a Santi a lista do que lle roubou a competencia. Saúdos á cúpula de Sabón, a ver se non hai que vender e zafa.

5 Cholor/Soneu/Outi/

Merda!!! Xa me pillástedes... vaime tirar das orellas o Santy na próxima reunión de directivos. Xa lles dou saúdos á cúpula, de parte de Para, supoño que é a abreviatura de Paranoico... Por certo, non pago pola vosa investigación, nin de coña.

21 Tim

Toma "usterida" pepeira....... Jajajajajaj¡¡¡¡¡¡¡¡ Para el panfleto pepero¡¡¡¡¡