A Xunta pagou 7,2 millóns a La Voz de Galicia dende que goberna Núñez Feijóo

Unha investigación do GC e do Novas da Galiza revela todas as axudas aos editores de prensa dende que goberna o PPdeG. Hoxe debullamos os pagos o máis beneficiado, o Grupo Voz. Santiago Rey recibe case a metade dos pagamentos da Xunta aos xornais. En menos de tres anos van máis de sete millóns, un 65% deses cartos sen concurso público.

Por Walter Burns (GC) e Hilda Carvalho (NdGZ) | O Irixo | 13/02/2012 | Actualizada ás 07:50

Comparte esta noticia

O Grupo Voz suma 7.266.864 euros en pagamentos da Xunta dende que goberna Alberto Núñez Feijóo, publicidade á marxe. O empresario Santiago Rey, dono de La Voz, recibiu máis do 40 por cento dos cartos que o Goberno reparte entre os editores de prensa galegos. As axudas a La Voz a través do DOG no supoñen nin o 35% de todo o cobrado en Sabón.

None

Estas son as principais conclusións dunha base de datos que o GC Plus e o Novas da Galiza publicarán este xoves. Como adianto dese informe sobre as axudas á prensa, GC publica os pagamentos a La Voz. Poden descargarse en formato para Openoffice, PDF e Microsoft Excel.

Rey carga contra as axudas á competencia

Santiago Rey publicou este domingo unha dura editorial na que carga contra unha Xunta que “apoya sin ningún tipo de explicación a empresas inviables e insolventes, dando oxígeno a experimentos quebrados, como sucede en la industria y en algunos medios de comunicación”.

Os datos proban que a rendibilidade do Grupo Voz tamén estaría en cuestión sen o volume de pagamentos que recibe dende San Caetano. A maioría destes cartos, o 65,3%, son a dedo. Recíbeos sen mediar concurso público no DOG que permita a concorrencia doutras cabeceiras.

None

Máis de 2 millóns en convenios a dedo

Por exemplo, no que vai de lexislatura La Voz recibiu 2,17 millóns en convenios. Os convenios son acordos bilaterais entre as consellerías e unha empresa. Non hai  publicidade nin competencia. A cantidade a entregar e o empresario favorecido depende unicamente do criterio de cada conselleiro.

Nesta lexislatura a Xunta firmou 21 convenios de colaboración co Grupo Voz. Normalmente os conselleiros reparten os convenios entre todos os grandes grupos para que ninguén se sinta discriminado. Con todo, hai casos de convenios unicamente para o diario da Coruña. Por exemplo, os 125.000 euros que lle pagou Educación por unha colección sobre as letras galegas. Todas as consellerías e varios departamentos menores (IGE, Augas de Galicia, etc.) firmaron convenios con esta cabeceira.

Dous millóns e medio para fomentar o galego

Dos 7,2 millóns pagados nesta lexislatura ao Grupo Voz, unicamente 2,5, menos do 35%, veñen das subvencións que publica o DOG todos os anos. Esas convocatorias son as únicas nas que hai criterios públicos e iguais para todos.

Cómpre ter en conta que o Goberno leva décadas publicando estas axudas para, entre outros fins, fomentar o galego na prensa. La Voz a penas publica na lingua propia fóra de Cultura e Opinión, como fan a práctica totalidade dos xornais beneficiados. Polo menos, ese diario é unha das poucas cabeceiras que respecta a lingua dos entrevistados, outros dos requisitos fixados no DOG.

Un sistema caciquil con décadas de historia

En 1996, nos tempos de Fraga, a revista Galicia Internacional publicou unha reportaxe similar a esta. Na portada, unha teta de vaca alimentaba unha muxidora automática cos logos de La Voz, Faro, etc. Chegou o bipartito e mantivo este reparto clientelar, co único avance de facilitar o acceso aos convenios e aos contratos unha vez asinados.

En definitiva, Feijóo non creou este sistema pero segue cebándoo en plena crise, violando o seu programa electoral e contradicindo o seu discurso a prol da austeridade no gasto.

O granxeiro é outro, pero a vaca (a Xunta), os tetos da muxidora (os grandes xornais) e, sobre todo o leite (os cartos dos galegos) son os mesmos que os da foto daquela portada de hai 16 anos.

Máis información sobre o resto de grupos o próximo xoves.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

20 Jatonejro

Contades os 3,4M€ (ou así) de subvención via IGAPE, coido, para a nova rotativa que lle deron nada mais chegar ao poder os actuais pperos? Non o vexo no estudo.

1 Galicia Confidencial

Si, están contados os 2,2 millóns da subvención do IGAPE a GAESA, 98% propiedade do Grupo Voz. Podes velo na base de datos ODS ou no PDF, é o último subapartado antes dos totais. Grazas polo interese.

19 Homero de Arteixo

Amigos de galicia confidencial e do Novas. Se vostedes se fixan, nas últimas semanas La Voz empeza a darlle algo de caña a Feijoo (pouca, a verdade), nin a décima parte da que merece. Será a política do pau e a cenoura? Vou facer de pitoniso: Se se privatiza a TVG a quen pode beneficiar? Que empresas privadas de comunicación galegas poderían estar interesadas?

1 4uUd

Homero é dos que preguntan e espera respostas gratis. Menudo país.

2 Obvio

Se se privatiza a TVG e se fai concurso público eu valoraría a experiencia en emisión televisiva autonómica. Vaites! que esa experiencia só a ten La Voz! Por suposto outra condición será que o adxudicatario sexa galego... Xa sei quen gañará o concurso, logo. Non hai mais que casar condicións coas características da Voz. Ferpeto!

18 un da Limia

La Coz fixolle gañar as eleccións a Feijoo. Na Coruña o BNG perdeu perto de 40000 votos e un escano, que lle deu a absoluta ao PP. Agora simplemente están pagando a factura dos servizs, non hai nada de raro neso. Noraboa por este detallado estudo. Mais espero que isto non quede aqui, e alguén nos diga quen lle paga a La Región, Atlantico, El Progreso.....

1 Black-Crow

No te equivoques, los 40.000 votos los perdió el bipartito porque sus antiguos votantes así lo decidieron. Los comunistas siempre estáis pensando en consparanoias mesetarias para haceros los importantes.

2 Un de Monterrei

Ben podías ler até o final antes de pedir: "Máis información sobre o resto de grupos o próximo xoves". E menos criticar e máis aportar aos medios en galego.

3 Akribéstaton

Um factor que dissuadiu o voto ao BNG na Crunha foi que o Quintana, como candidato a presidir a Junta, se apresentasse pela circunscrição crunhesa, de jeito que não otimizou os votos nem em Ourense nem na Crunha.

17 Xanti

Zas en toda la boca.

16 Xoan Pardo Quiroga

La Voz = nacionalismo español