A Xunta pagou 7,2 millóns a La Voz de Galicia dende que goberna Núñez Feijóo

Unha investigación do GC e do Novas da Galiza revela todas as axudas aos editores de prensa dende que goberna o PPdeG. Hoxe debullamos os pagos o máis beneficiado, o Grupo Voz. Santiago Rey recibe case a metade dos pagamentos da Xunta aos xornais. En menos de tres anos van máis de sete millóns, un 65% deses cartos sen concurso público.

Por Walter Burns (GC) e Hilda Carvalho (NdGZ) | O Irixo | 13/02/2012 | Actualizada ás 07:50

Comparte esta noticia

O Grupo Voz suma 7.266.864 euros en pagamentos da Xunta dende que goberna Alberto Núñez Feijóo, publicidade á marxe. O empresario Santiago Rey, dono de La Voz, recibiu máis do 40 por cento dos cartos que o Goberno reparte entre os editores de prensa galegos. As axudas a La Voz a través do DOG no supoñen nin o 35% de todo o cobrado en Sabón.

None

Estas son as principais conclusións dunha base de datos que o GC Plus e o Novas da Galiza publicarán este xoves. Como adianto dese informe sobre as axudas á prensa, GC publica os pagamentos a La Voz. Poden descargarse en formato para Openoffice, PDF e Microsoft Excel.

Rey carga contra as axudas á competencia

Santiago Rey publicou este domingo unha dura editorial na que carga contra unha Xunta que “apoya sin ningún tipo de explicación a empresas inviables e insolventes, dando oxígeno a experimentos quebrados, como sucede en la industria y en algunos medios de comunicación”.

Os datos proban que a rendibilidade do Grupo Voz tamén estaría en cuestión sen o volume de pagamentos que recibe dende San Caetano. A maioría destes cartos, o 65,3%, son a dedo. Recíbeos sen mediar concurso público no DOG que permita a concorrencia doutras cabeceiras.

None

Máis de 2 millóns en convenios a dedo

Por exemplo, no que vai de lexislatura La Voz recibiu 2,17 millóns en convenios. Os convenios son acordos bilaterais entre as consellerías e unha empresa. Non hai  publicidade nin competencia. A cantidade a entregar e o empresario favorecido depende unicamente do criterio de cada conselleiro.

Nesta lexislatura a Xunta firmou 21 convenios de colaboración co Grupo Voz. Normalmente os conselleiros reparten os convenios entre todos os grandes grupos para que ninguén se sinta discriminado. Con todo, hai casos de convenios unicamente para o diario da Coruña. Por exemplo, os 125.000 euros que lle pagou Educación por unha colección sobre as letras galegas. Todas as consellerías e varios departamentos menores (IGE, Augas de Galicia, etc.) firmaron convenios con esta cabeceira.

Dous millóns e medio para fomentar o galego

Dos 7,2 millóns pagados nesta lexislatura ao Grupo Voz, unicamente 2,5, menos do 35%, veñen das subvencións que publica o DOG todos os anos. Esas convocatorias son as únicas nas que hai criterios públicos e iguais para todos.

Cómpre ter en conta que o Goberno leva décadas publicando estas axudas para, entre outros fins, fomentar o galego na prensa. La Voz a penas publica na lingua propia fóra de Cultura e Opinión, como fan a práctica totalidade dos xornais beneficiados. Polo menos, ese diario é unha das poucas cabeceiras que respecta a lingua dos entrevistados, outros dos requisitos fixados no DOG.

Un sistema caciquil con décadas de historia

En 1996, nos tempos de Fraga, a revista Galicia Internacional publicou unha reportaxe similar a esta. Na portada, unha teta de vaca alimentaba unha muxidora automática cos logos de La Voz, Faro, etc. Chegou o bipartito e mantivo este reparto clientelar, co único avance de facilitar o acceso aos convenios e aos contratos unha vez asinados.

En definitiva, Feijóo non creou este sistema pero segue cebándoo en plena crise, violando o seu programa electoral e contradicindo o seu discurso a prol da austeridade no gasto.

O granxeiro é outro, pero a vaca (a Xunta), os tetos da muxidora (os grandes xornais) e, sobre todo o leite (os cartos dos galegos) son os mesmos que os da foto daquela portada de hai 16 anos.

Máis información sobre o resto de grupos o próximo xoves.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

10 Kiko

Unha auténtica vergonza. E que ainda teñamos que aturar que certos "nacionalistas" lean este panleto (e coloquen nas redes sociais as súa noticias....) e xa de esperpento. Por non dicir dos colaboradores que se axeonllan por escribir nas súas páxinas...

1 Lugh

Menos andar de puros e máis apoiar aos medios en galego. Os nacionalistas facemos ben en saír en cantos medios mellor, pero economicamente temos que apoiar só aos que defendan a nosa lingua.

2 BOICOZ À COZ

Economicamente, JÁ APOIADES SÓ À IMPRENSA ESPANHOLISTA SUBSIDIADA POLA XUNTA COM OS VOSSOS IMPOSTOS ...

9 BOICOZ À COZ !!!

BOICOZ À COZ !!!!

1 Realista

Menos destruír (Boicoz) e máis construír (axudar economicamente a GC, o Novas, Tempos, etc.)

2 BOICOZ À COZ

Mais destruir (La Coz de la Colonia, El Chorreo Gallego, ...) e mais construir: Novas da Galiza, GalizaLivre, Galicia confidencial, ... Ao inimigo, nem água! como fam eles.

8 Black Crow

Sí hombre sí, ahora resulta que el bipartito no dió nada al periódico dirigido por Santi "tomate otra" Rey. Lo que pasa es que os salió el tiro por la culata y cuando os dísteis cuenta ya estaba en portada la foto de Quintana en el Xarei. Per la intención es lo que cuenta, colegas, que aquí no nos alvidamos de nada ... De todas maneras Santi Rey es un Pultizer al lado de vuestro Alfonso ERÉ, el de La Nuestra Tierra.

1 Cor

Corvo, antes de porte a grallar deberías ler: "Chegou o bipartito e mantivo este reparto clientelar, co único avance de facilitar o acceso aos convenios e aos contratos unha vez asinados". E a túa ortografía é un pouco HOYGAN.

2 Black Crow

Es cierto, pero como la gente nunca lee los artículos y se limita a entrar en los comentarios para poner podre a la UPG, pues me pareció interesante subrayarlo.

3 Cor

Piensa el l adrón que todos son de su condición

4 Irmandiño

BOICOZ NON SO A VOZ DE GALICIA, SENÓN A TÓDALAS EMPRESAS QUE SE ANUNCIAN NA VOZ DE GALICIA, GADIS ULTIMAMENTE DALLE CARTOS, POIS NON ENTRAR A MERCAR NUN GADIS, TORRE DE NUÑEZ DALLE ANUNCIOS POIS NON COMPRAR CARNES DESTA MARCA, E ASÍ É COMO SE LLE FAI DANO A ESTES FASCISTAS DA VOZ DE GALICIA

5 une

Por favor!...Que nivel!!!: alguén que escribe "dísteis". Segundo un dito popular: "canta falta de ignoracia!!!!..." Así eses excelentes argumentos......

7 Eue

...parte dos cales acabarán no peto de Beiras.

1 anton

U U UPG

6 KING

Cando chegue o poder o novo PARTIDO NACIONAL GALEGO, vemonos as faces, meu KING