Julio Torrado (PSdeG): "O Sergas é un explotador, é o Glovo ou o Deliveroo dos sistemas sanitarios"

"Canto diñeiro, cantas sentenzas vainos a custar a soberbia da Consellería de Sanidade?", preguntouse o deputado socialista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2019 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

O deputado do PSdeG-PSOE Julio Torrado asegurou este mércores na súa intervención durante o pleno do Parlamento de Galicia que "xa son varias" as sentenzas do TSXG que testemuñan que o Sergas "é un explotador" cos traballadores da sanidade pública. "O Sergas é o Glovo ou o Deliveroo dos sistemas sanitarios", espetou o parlamentario socialista.

Torrado fixo estas declaracións no marco da exposición dunha iniciativa parlamentaria sobre a temporalidade entre o persoal do Sergas que, finalmente, foi rexeitada pola oposición do grupo maioritario, o do PPdeG.

"Canto diñeiro, cantas sentenzas vainos a custar a soberbia da Consellería de Sanidade?", preguntouse o parlamentario do PSdeG, que lembrou que un dos fallos xudiciais nos que o Sergas foi condenado cualifica de "torticeros e fraudulentos" os métodos para a cobertura de postos estruturais con contratos eventuais "en precario".

Na súa intervención, Aurelio Núñez (PPdeG) afirmou que as sentenzas xudiciais que condenan "a concatenación de contratos" nos servizos de saúde "non é un problema exclusivo de Galicia", senón que existen fallos "similares" noutras comunidades autónomas do Estado.

Pola súa banda, Eva Solla (En Marea) censurou a "fraude continuada" que, di, practica o Sergas coa contratación do seu persoal eventual, o que constitúe "o sumun da precarización"; mentres que Montse Prado (BNG) reclamou a posta en marcha "inmediata" dun plan de ordenación de recursos humanos no sistema sanitario.

A segunda xornada da folga de médicos de AP de Vigo rexistra un seguimento do XX%, que o Sergas rebaixa ao XX%. ARQUIVO
A segunda xornada da folga de médicos de AP de Vigo rexistra un seguimento do XX%, que o Sergas rebaixa ao XX%. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta