Paso de xigantes para que Galicia organice un mundial de fútbol gaélico

A selección galega acaba de pechar patrocinios con Puntogal e Voltier Electronics por dous anos que axudarán na súa participación nos GAA World Games deste verán.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/06/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Voltier Electronics e a Asociación PuntoGal convértense nas entidades patrocinadoras principais da Selección Galega de Fútbol Gaélico para os próximos dous anos. Un patrocinio que pode axudar a que Galicia acolla un mundail deste deporte.

O Puntogal patrocina a Selección Galega de Fútbol Gaélico
O Puntogal patrocina a Selección Galega de Fútbol Gaélico

O presidente da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG), Ángel Negrete, destacou en nome do gaélico galego a trascendencia deste convenio de patrocinio “que permitirá seguir crecendo como referencia do fútbol gaélico a nivel internacional a través da Selección Galega”. “Para nós é fundamental, pois cobre a participación da Selección no mundial deste verán e no europeo do ano que vén para o que, ademais, estamos traballando na candidatura de Galicia como sede”, dixo.

“As achegas de entidades empresariais unidas a outro tipo de iniciativas que vimos levando a cabo para conseguir fondos” -engadiu Negrete- “son imprescindibles para poder afrontar a participación das Seleccións en torneos internacionais, tendo en conta que somos totalmente amateurs e que xogadores/as corpo técnico e outros membros da AGFG debemos realizar importantes sacrificios persoais e incluso económicos para competir”.

O presidente de PuntoGal, Manuel González, sinalou  que “O dominio -gal é unha etiqueta que nos identifica aos galegos en todo o mundo, e que a posta de relevo dos signos de identidade de Galicia son unha prioridade para a Asociación PuntoGal” e “por iso apoia iniciativas que contribúen a reforzar as nosas características diferenciais, como é o fútbol gaélico”. 

Pola súa parte, o director xeral do dominio, Darío Janeiro, sinalou que PuntoGal “leva traballando os últimos meses no establecemento dun programa corporativo de colaboración e apoio a entidades vinculadas á lingua, a cultura, a sociedade ou á tecnoloxía en Galicia”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta