Edificios e monumentos galegos iluminaranse en vermello polo Día Mundial do Doante de Sangue

Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense, Pontevedra ou Vigo súmanse a esta iniciativa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2019 | Actualizada ás 09:33

Comparte esta noticia

Numerosos edificios e monumentos representativos das distintas cidades galegas iluminaranse de cor vermella este xoves e venres para conmemorar o Día Mundial do Doante de Sangue.

Entre eles, veranse as Torres Hedjuk do Gaiás ou a Torre de Hércules da Coruña ademais doutros como o Pazo de Raxoi compostelán, o Teatro Jofre de Ferrol, a Ponte Vella de Ourense, o Concello de Pontevedra e as Fontes da Rúa Aragón de Vigo.

As cidades galegas súmanse á celebración desta data na que se pon en valor o traballo e colaboración dos doantes de sangue e, ademais, de múltiples colectivos e entidades que colaboran estreitamente a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

De feito, o venres celebrarase unha gala de entrega de recoñecementos na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, coa presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e da directora de ADOS, Marisa López, entre outras autoridades.

Torre de Hércules tinguida de verde, na coñecida como onda verde, en honor a San Patricio, patrón de Irlanda
Torre de Hércules tinguida de verde, na coñecida como onda verde, en honor a San Patricio, patrón de Irlanda | Fonte: Concello

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta