Ferido un menor atropelado xunto á súa nai nun paso de peóns en Cambados

O accidente tivo lugar diante dun centro escolar.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 13/06/2019 | Actualizada ás 09:56

Comparte esta noticia

Un menor foi evacuado en ambulancia a un centro hospitalario tras ser atropelado xunto á súa nai cando cruzaba este xoves un paso de peóns fronte a un colexio no termo municipal de Cambados (Pontevedra).

Segundo os datos facilitados pola Policía Local e o 112 Galicia a Europa Press, o atropelo tivo lugar sobre as 8,45 horas deste xoves fronte ao colexio Antonio Magariños Pastoriza, na rúa Vilariño, en Cambados.

Foron mobilizados o 061, os Bombeiros do Salnés, Protección Civil e a Policía Local, que confirmou que o menor e a súa nai foron atropelados nun paso de peóns cando se dirixían ao colexio. O 061 desprazou ao lugar un médico de Atención Primaria e unha ambulancia que levou ao menor ao Hospital do Salnés, sinalaron fontes sanitarias.

OUTRO SINISTRO

Por outra banda, sobre as 9,10 horas deste xoves tivo lugar un accidente con dous vehículos implicados na saída da autovía A-6, na ligazón coa AG-55, no termo municipal de Arteixo (A Coruña).

O particular que avisou ao 112 indicou que un dos implicados necesitaba asistencia sanitaria, polo que o 061 enviou ao lugar unha ambulancia asistencial. Ademais foron informados a Garda Civil de Tráfico, Policía Local, Bombeiros de Arteixo e Protección Civil.

Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos
Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta