Abertas investigacións por presunta corrupción no Concello de Touro

A asociación Aldea Viva anunciou nun comunicado que a Fiscalía está investigando tamén posibles delitos contra o medio ambiente.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 13/06/2019 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

A Fiscalía abriu investigacións por presuntos delitos de corrupción e contra o medio ambiente no Concello de Touro, segundo un comunicado emitido pola asociación Aldea Viva. No comunicado apúntase que “as investigacións teñen que ver coa xestión dos residuos de construción de obras municipais”. As accións da Fiscalía abordan o presunto soterramento en cunetas de vías municoipais de residuos de construcción “cando estes tiñan que ser levados e tratados en vertedoiro autorizado”.

Verteduras de residuos en Touro
Verteduras de residuos en Touro | Fonte: Aldea Viva

Aldea Viva declara no seu comunicado que “estes feitos foron recoñecidos polo alcalde Ignacio Codesido ante a prensa meses atrás, apuntando que foi el quen deu o visto bo a dita actuación. No foco dos feitos está tamén o concelleiro de obras Jesús Martínez Pereira”.

As condicións que apuntaban os diferentes pregos de licitación para o proxecto das obras e “os residuos de obra terían que ser xestionados en vertedoiro autorizado, correspondendo ás empresas contratadas o custe dese tratamento, o cal foi incluído no presuposto”. Non obstante desde a asociación veciñal sinalan que “os residuos foron baleirados en cunetas de pistas, polo que os contratistas aforrarían deste xeito os custes de xestión a costa de danar o medio ambiente e incumprir a normativa na xestión de residuos; sen beneficio nin aforro algún para o Concello”.

Aldea Viva declara que “resulta sospeitosa a conformidade e amparo do rexedor Ignacio Codesido  e do concelleiro de obras Jesús Martínez Pereira a estas actuacións”, e ademais sinalan que a estes dous políticos lles “recae a denuncia por posible comisión de delito de fraude contra a Administración Pública ao terse constatado o incumprimento dos pregos de contratación da licitación”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta