Piden 10 anos de cárcere para un home acusado de abuso sexual a unha menor e obtención de material pornográfico

O acusado contactou coa menor, que ten un déficit intelectual leve cun grado de madurez inferior á súa idade biolóxica, a través dunha rede social.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/06/2019 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

O Ministerio Público mantivo a súa solicitude de penas que suman 10 anos de presión para un home acusado de ser o presunto autor dos delitos de abuso sexual a menores na modalidade de contacto visual e, nun casom coa finalidade de obter material pornográfico, así como un delito contra a intimidade. A defensa rebaixou esta petición a un total de 14 meses de cárcere xa que rexeita a obtención de imaxes da menor con fins pornográficos.

Foto recurso. Coche da Policía Nacional. POLICIA NACIONAL - Arquivo
Foto recurso. Coche da Policía Nacional. POLICIA NACIONAL - Arquivo

O xuízo, en relación a unha causa procedente do xulgado de Intrucción número un do Corcubión, concluiu na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña despois de que o pasado martes se celebrase a porta pechada. Ese día tivo lugar a declaración do acusado e a vítima que, cando se produxeron os feitos no 2016, tiña 14 anos.

Segundo o fiscal, o acusado contactou coa menor, que ten un déficit intelectual leve cun grado de madurez inferior á súa idade biolóxica, a través dunha rede social. En concreto, os feitos se produciron entre finais de febreiro de 2016 e principios de abril do mesmo ano, depois de que o acusado contatase con ela por Facebook e, con posterioridade, por whatsapp.

"Aínda que nun primeiro momento a menor lle dixo que era maior de idade, dende principios de marzo o inclulpa xa sabía claramente que era menor", señala a Fiscalía no seu escrito de cualificación. Tamén engade que "a pesar delo, utilizando termos obscenos que a nena non entendía e facéndolle crer que ía ser o seu mozo, que se casaría con ela e que lle faría regalos", envioulle imaxes de contido sexual e lle pediu que ela o fixera tamén, o que finalmente fixo a menor.

Ademais, sostén que tratou de ter encontros físicos con ela, al menos en catro ocasións, aínda que soamente a viu tres veces e "sen que se puidera acreditar que durante estos encontros houbera algunha actuación de contido sexual por parte do inculpado sobre a menor". Cando esta lle dixo que non quería seguir falando con el, o acusado enviou, segundo o Ministerio Público, a verias persoas unha fotografía e un video de contido sexual da vítima.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta