Temas: INCENDIOS XUNTA

A Xunta agardará ao 1 de xullo para activar a época de alto risco de incendios, que rematará en setembro

Como novidade, este ano a época variable de lumes comprende tamén os meses de xuño e outubro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/06/2019 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves a orde da Consellería do Medio Rural pola que se determina a época de perigo alto de incendios forestais, que comezará o 1 de xullo e concluirá o 30 de setembro.

Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro
Dantesca imaxe da parroquia de Chandebrito (Nigrán), onde morreron dúas persoas tras os devastadores lumes que arrasaron a zona e boa parte de Galicia en pleno outubro | Fonte: Miguel Núñez.

Tal e como establece a Lei de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto, que condicionará a intensidade das medidas que se vaian a adoptar para a defensa do territorio.

Así, determinouse este período de alto risco tendo en conta os antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume.

Nese período, como é habitual, traballarán na protección dos montes máis de 7.000 persoas, que conforman o dispositivo de loita contra incendios forestais para a tempada de verán. Este servizo inclúe persoal da Xunta, dos concellos, do Ministerio, do exército e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Ademais, como novidade, este ano, a época variable de incendios comprende tamén os meses de xuño e outubro, ademais dos de febreiro, marzo e abril. Por iso é polo que se reforza eses dous meses con persoal fixo-descontinuo, que o pasado ano traballou catro meses e este farano cinco.

Temas: INCENDIOS XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta