A Xunta intervén a xestión da EDAR do Grove ante a "desatención" do goberno local

Os gastos ascenderán a 18.000 euros e terán que ser asuidos polo concello.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/06/2019 | Actualizada ás 19:04

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta autorizou este xoves a intervención e a asunción temporal da xestión e explotación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Grove, en Pontevedra, para "garantir a continuidade do servizo" e "preservar a calidade das augas" da Ría de Arousa, ante a "desatención" do goberno local.

Así o precisou o xefe do Executivo galego, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do seu equipo, nunha rolda de prensa na que asegurou que o concello, a quen "corresponde" esta xestión, mantivo unha "total inactividade" e non "asume" o mantemento da depuradora.

Ante esta "desatención", e tendo en conta "os efectos que produciría", a Xunta decidiu asumir temporalmente esta xestión, inicialmente por un período de mes e medio, no que confían que o concello "recapacite".

Os custos asumidos pola Xunta durante a vixencia esta intervención, motivada polo "risco de contaminación", serán repercutidos á entidad local e ascenderán, segundo o Goberno galego, a máis de 18.000 euros. Tras a execución da EDAR do Grove por parte da Xunta en 2015, o contratista das obras asumiu a súa posta en servizo e explotación durante un período de probas.

Acabado este prazo, explicou a Xunta, Augas de Galicia empezou as actuacións necesarias para facer efectiva a entrega destas instalacións ao concello, o pasado 1 de maio. Con todo, durante o período de transición, a corporación local mantivo unha "total inactividade", denuncia a Xunta, que acordou asumir temporalmente a xestión.

EDAR de tramtamento de augas
EDAR de tramtamento de augas | Fonte: viaqua-sa.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta