Proxectos de economía social danse a coñecer en Ourense

Do 13 ao 15 de xuño oito emprendedores achegarán os seus produtos ao público no Parque Ribeira de Canedo, na cidade das Burgas. A Consellería de Economía, Emprego e Industria organiza esta mostra na que se poden atopar tapices decorativos, prendas de roupa e obradoiros de balde para toda a familia.

Por X.M. Fernández | Ourense | 14/06/2019 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inicia en Ourense a celebración dos espazos efémeros de emprendemento de economia social “ES-POP UP”. Entre o 13 e o 15 de xuño o parque Ribeira de Canedo da cidade de Ourense acollerá unha Mostra de Economía Social na que participarán oito proxectos empresariais.

Postos da Mostra. Foto: Prensa da Consellería
Postos da Mostra. Foto: Prensa da Consellería

O público vai atopar neste espazo comercial produtos de coiro, tapices decorativos, prendas de roupa e servizos especializados como consellos sobre interiorismo ou consultas sobre sustentabilidade. Ademais, haberá diversas actividades paralelas de balde como obradoiros (de fotografía, escaparatismo, estampado con selos...), contacontos para os máis pequenos da man de Anxo Moure, e unha interesante actuación musical de Ari Magritette o sábado 15 ás 19:00 h. que clausurará o evento.

COMPROMISO COA ECONOMÍA SOCIAL

Coa celebración deste espazo comercial de emprendemento, a Consellería de Economía, Emprego e Industria avanza na súa aposta de apoiar os proxectos e empresas galegas de economía social.

O obxectivo de ES-POP UP é crear un espazo comercial aberto, no que poidan participar siumultáneamente varios proxectos de forma que atraia un maior fluxo de persoas, achegando a economía social á cidadanía.

Emprendedores coa secretaria de emprego. Foto: Prensa da Consellería
Emprendedores coa secretaria de emprego. Foto: Prensa da Consellería

ES-POP UP enmárcase no proxecto POCTEP LACES, confinanciado pola Unión Europea a través do FEDER e liderado pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía Emprego e Industria da la Xunta de Galicia.

PROXECTOS PARTICIPANTES NESTA MOSTRA

Roundie & Colours, adicado á fabricación de tapices en textil

Triquels, consultora de sustentabilidade

Amorote printing workshop, deseño de estampación de prendas con motivos inspirados na cultura galega.

Trigo y Limpio traballa na recuperación do rural galego mediante o cultivo da variedade trigo callobre.

Cosmética Deportiva, produtos para deportistas.

Pequeños Círculos, confección de roupa infantil.

Maripapoula, deseño de xerseis.

Spacio B, de interiorismo.

Os detalles dos proxectos que van participar poden consultarse na web www.espopup.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta