Rescatan a un home nun kaiak en Ribeira e a unha muller nunha praia de Vilagarcía

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2019 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

Unha embarcación de Salvamento Marítimo rescatou na tarde deste xoves san e salvo a un home que navegaba co seu kaiak fronte á praia de Coroso, en Ribeira (A Coruña). Ademais, unha muller foi axudada tras pedir axuda cando nadaba nunha praia en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Segundo informou o 112 Galicia, en Ribeira foi o mesmo implicado quen, sobre as 20,00 horas deste xoves, pediu axuda e indicou que se atopaba fronte ás bateas, na zona da Illa de Faro. Dixo que estaba moi canso e non podía continuar.

Por iso, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Salvamento Marítimo, que enviou unha embarcación para facer o rescate.

Así mesmo, informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Nacional e aos membros do Grupo de Apoio de Emerxencias Municipal (GAEM) e de Protección Civil de Ribeira. E púxose en alerta ao persoal sanitario por se fose necesaria a súa intervención.

Finalmente, a embarcación 'Salvamar Sargadelos' rescatou ao home, "con síntomas de esgotamento", apuntaron as mesmas fontes, e trasladouno ata o Porto de Ribeira, onde o esperaba unha ambulancia do 061 para trasladalo ata o Hospital do Barbanza.

RESCATE EN VILAGARCÍA

Por outra banda, en Vilagarcía, case á mesma hora, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que informaba dunha muller que nadaba cara ao porto, no medio da canle, na praia da Concha-Compostela, e que pedía axuda.

De inmediato, informouse a Salvamento Marítimo, que puxo en marcha o operativo de rescate. Do mesmo xeito, por parte do 112 Galicia informouse ao 061, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Nacional e Local e aos efectivos de Protección Civil.

Minutos despois, a muller foi rescatada por unha embarcación de Salvamento que a trasladou ata o Peirao de Vilagarcía, onde a esperaba unha ambulancia do 061.

Salvamento Marítimo na ría de Vigo. SALVAMENTO MARÍTIMO
Salvamento Marítimo na ría de Vigo. SALVAMENTO MARÍTIMO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta