O Sergas condenado a pagar 90.000 euros a unha paciente que quedou coa man "inútil" tras unha operación

O TSXG considera "desproporcionado" o resultado, "que normalmente non se produce máis que cando media unha conduta neglixente".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/06/2019 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

A Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza de primeira instancia que condena ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) a indemnizar con 90.000 euros a unha paciente do servizo de cirurxía plástica do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) que quedou coa man dereita "en gadoupa, inutilizada e irreversible", despois de someterse a unha operación.

A paciente fora sometida a unha cirurxía de destechamiento do túnel carpiano e a nove intervencións cirúrxicas posteriores. A ferida comezou a supurar aos poucos días da primeira operación, realizada en febreiro de 2013.

"Non pode cualificarse senón de resultado inusualmente grave e desproporcionado o producido tras a intervención, en cuxo suposto a xurisprudencia fai responder á Administración porque se trata dun efecto con dano que normalmente non se produce máis que cando media unha conduta neglixente, salvo que se acredite que a causa estivo fóra da esfera de actuación dos servizos sanitarios ou se debe a unha causa de forza maior, o cal non lograron as demandas", indicaron o maxistrado na sentenza, á que tivo acceso Europa Press.

O TSXG sinalou, ademais, que se o resultado danoso é "anormal ou inusualmente grave en relación cos riscos que comporta a intervención", como sucede neste caso, "presúmese que a Administración sanitaria non se acomodou aos estándares de actuación esixibles ou non puxo a disposición do paciente os medios e coñecementos da ciencia e da técnica".

DANO DESPROPORCIONADO

A doutrina do "dano desproporcionado", segundo destacaron os maxistrados, non se aplica cando o resultado se presenta como unha opción posible, cando constitúe un risco propio da intervención nunha porcentaxe considerable e cando existe actividade probatoria que chega a convencer o órgano xudicial respecto de como se produciu ese resultado.

"No caso presente resulta incuestionable que se produciu un resultado desproporcionado no tratamento dunha cirurxía tan simple -en palabras do cirurxián plástico-, pois quedou inutilizada a man dereita da paciente para calquera tipo de actividade, á parte do prexuízo estético, moral, laboral, familiar e de lecer que ocasiona, ademais dunha patoloxía psiquiátrica asociada", subliñou o tribunal.

O TSXG indica que a Administración "non foi capaz de ofrecer unha explicación científica razoable" sobre as causas, aínda que asegura que "a máis probable" foi unha infección da ferida.

RISCOS HABITUAIS

Sobre o consentimento informado asinado pola paciente ao que fai referencia o Sergas, o tribunal lembra que determina que asume os "riscos habituais" da asistencia médica. "Con todo, unha apreciación racional das cousas non permite erixir o consentimento prestado en escusa incondicionada ante calquera evento adverso", advertiron os xuíces.

Sala de espera do Sergas. XUNTA - Archivo
Sala de espera do Sergas. XUNTA - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dr Bacterio

E que sanciòn recibiu o facultativo responsable da desfeita?. Sempre a culpa acaba sendo do Sergas e pagamos todos, pero hai un responsable