As Oficinas de Atención ás Vítimas incorporarán traballadores sociais

O obxectivo é "prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito, en especial aos menores de idade e ás vítimas especialmente vulnerables dentro do proceso xudicial".

Por E.P. | A CORUÑA | 14/06/2019 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

A Xunta e a Fiscalía Superior de Galicia acordaron continuar co protocolo de actuación nas Oficinas de Atención ás Vítimas, coa incorporación de traballadores sociais, segundo informa a Consellería de Presidencia.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, presidiron este venres a Comisión Mixta da Fiscalía, á que tamén asistiron os fiscais da Unidade de Apoio de Madrid, Francisco Moreno e Germán Gutiérrez; os fiscais xefes provinciais e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín.

Na reunión da Comisión Mixta acordouse o desenvolvemento do protocolo de actuación para o funcionamento das Oficinas de Atención ás Vítimas, "que incorporarán un traballador social que se suma ao profesional de psicoloxía que xa está incorporado na actualidade en cada Fiscalía", explica a Consellería.

O obxectivo é, engade, "prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito, en especial aos menores de idade e ás vítimas especialmente vulnerables dentro do proceso xudicial".

Xunta e Fiscalía acordan incorporar traballadores sociais ás Oficinas de Atención ás Vítimas. CONSELLERIA DE PRESIDENCIA
Xunta e Fiscalía acordan incorporar traballadores sociais ás Oficinas de Atención ás Vítimas. CONSELLERIA DE PRESIDENCIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta