Crise no PSOE de Cambre polos pactos municipais

O portavoz socialista local, afin a Gonzalo Caballero, renuncia á acta de edil con críticas ao líder provincial, Valentín González.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 14/06/2019 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

O portavoz do PSOE no Concello de Cambre (A Coruña), Juan Evaristo Rodríguez, presentou a súa renuncia á acta de edil, un día antes da sesión investidura, ao rexeitar apoiar ao candidato de Unión por Cambre (UxC), Óscar García Patiño, como alcalde deste municipio.

En declaracións a Europa Press, Juan Evaristo Rodríguez asegurou que, tanto a nivel comarcal como provincial, persoas do partido trasladáronlle que tiña que apoiar a García Patiño, ex socialista e que gobernou estes catro anos xunto a edís do BNG e do PSOE, neste último caso durante tres anos.

"Non é de recibo", asegurou criticando que desde o partido lle trasladaran por parte de distintas persoas que "non era bo esa fórmula", dixo sobre os contactos que, segundo explicou, mantiveron desde o PSOE de Cambre --con catro edís--, co BNG e Alternativa dos Veciños, con dous concelleiros cada un, e EU-Son en Común, cun. O PP, pola súa banda, obtivo tres e Cidadáns, un.

Sobre estes contactos, expuxo que foron informais entre "representantes da esquerda". No entanto, aclarou que "ninguén nun principio estaba disposto a pactar co alcalde", pero que desde o PSOE, a nivel provincial e comarcal, fíxoselle chegar que tiñan que facelo.

NEGOCIACIÓN A "COSTAS" DA AGRUPACIÓN LOCAL

"Negociaron coa súa incorporación ao PSOE de costas á executiva local de Cambre", dixo en alusión a Óscar García Patiño, o actual alcalde e candidato á reelección que podería gobernar cos socialistas --nestas eleccións obtiveron un edil menos-- sen necesidade do BNG, neste mandato.

Por outra banda, vinculou directamente o sucedido á "mala relación" que, segundo recoñeceu, mantén co secretario provincial dos socialistas coruñeses, Valentín González Formoso. Sobre a súa negativa a apoiar a García Patiño, vinculouna, entre outras cuestións, cun intento de apropiarse de toda a xestión municipal. "Coma se todo o fixesen eles", dixo sobre os anos de goberno.

Agora, tras decidir renunciar á acta de concelleiro, o ata este momento portavoz dos socialistas en Cambre dixo que tamén o fará como vicesecretario xeral na executiva local. Seguirá, con todo, como secretario nacional de Sanidade na executiva autonómica, avanzou. No seu lugar, entrará na corporación municipal o seguinte na lista, Diego Alcantarilla.

Concello de Cambre
Concello de Cambre | Fonte: flickr

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta