Ciudadanos tomará "medidas" contra o seu edil de Malpica tras chegar a un acordo con PSOE e BNG "sen autorización"

O pacto permitiu que o socialista Walter Pardo fose investido alcalde da localidade, no pleno celebrado este sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2019 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

Ciudadanos Galicia anunciou que "tomará as medidas oportunas" contra o seu concelleiro en Malpica, Alfredo Cañizo, que sumou o seu voto aos dos dous concelleiros do BNG e os catro do PSOE para que o socialista Walter Pardo fose alcalde da localidade, no pleno celebrado este sábado.

José Manuel Villegas con membros de Ciudadanos Galicia.
José Manuel Villegas con membros de Ciudadanos Galicia.

A formación informou que se trata dunha "decisión para a que non estaba lexitimado, xa que todos os acordos e decisións deste tipo teñen que estar aprobados polo Comité de Pactos Autonómico".

Ciudadanos Galicia remarcou que este concelleiro da formación laranxa en Malpica actuou de maneira "unilateral" e "sen o consentimento do partido".

Nas eleccións municipais, o PP perdeu a maioría absoluta ao retroceder un concelleiro e quedar en seis. Os socialistas foron a segunda forza máis votada, con catro edís, mentres que o Bloque obtivo dous representantes e Ciudadanos un.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta