O BNG lembra a "presunción de inocencia" dos detidos pola súa vinculación con Resistencia Galega

"Hai que ver isto con moita cautela porque xa houbo outras --operacións-- nas que houbo persoas que foron inxustamente detidas", destacou Pontón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo ver "con moita cautela" operacións como a que permitiu que este sábado foran detidos en Vigo os considerados dirixentes de Resistencia Galega fuxidos desde 2006 e apelou a respectar a "presunción de inocencia", porque mentres alguén "non sexa xulgado é inocente".

Así o expresou a líder dos nacionalistas galegos nunha rolda de prensa na que foi preguntada pola denominada Operación Lusista, que se saldou coa detención de Antón García Matos, alias 'Toninho', e Asunción Losada Camba, por pertenza a organización terrorista en grao de dirixente, tenencia e transporte de explosivos e falsidade documental.

Neste sentido, Pontón subliñou que o BNG é unha forza política "democrática" que "non acepta o uso de ningunha vía que non sexa a de defensa das ideas por medios democráticos". No entanto, admitiu que ven "con moita cautela" este tipo de operacións, porque "xa houbo outras" --dixo-- "nas que houbo persoas que foron inxustamente detidas".

Por iso, a portavoz nacional do Bloque asegurou que teñen "máxima precaución á hora de analizar e valorar" estes feitos. "Veremos, cando estes casos cheguen á xustiza, cal é o resultado final", sentenciou.

A líder do BNG
A líder do BNG | Fonte: Ana Pontón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Xan d

É normal que o BNG defenda aos detidos por terroristas. A final de contas vai en coalición con Bildu que todos sabemos o que é, o brazo político de ETA.

2 Devairas

Primeiro criminalízase ó independentismo e logo ó nacionalismo (galego, o español non existe...). No BNG hai moitos independentistas que non van deixar de selo. A violencia é repudiable, a ideoloxía independentista galega non. España non é unha democracia plena. E xa sabemos como as gasta cos que non comulgan coa unagrandelibre: GALindo...

1 RTBN

Resistencia Galega é, entre outras cousas, o brazo armado da memoria histórica. Viuse en Beade cando voaron a casa do concello porque Senén é fan de Franco. Tamén se viu en Baralla cando o seu alcalde fixo manifestación heréticas para a memoria histórica, e tamén fixeron estoupar o concello. Hai anos detiveron e condearon a Antón Santos, adscrito a un departamento moi concreto da USC. Eu supoño que a policía terá pinchados os móbiles de profesores e fará un seguemento das personaxes vinculadas á memoria histórica en Xuntas Prodevolución de Meirás, asociacións de memoria histórica e similares. Digo eu que o brazo armado non deberá estar descoordinado do brazo político.