Denuncian que opositores a prazas de Xustiza convocadas pola Xunta terán que examinarse en Madrid

Trátase dunha convocatoria de oito prazas de promoción interna en xestión e outras tres en tramitación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

A CIG denunciou que opositores que concorren á oferta pública de emprego convocada pola Xunta, en coordinación co Ministerio de Xustiza, de oito prazas de promoción interna en xestión e outras tres en tramitación terán que desprazarse a Madrid para realizar os exames.

Estudantes en exames de oposicións. XUNTA
Estudantes en exames de oposicións. XUNTA

O sindicato explica que unhas 80 persoas optan a esta OPE de 2017 e 2018 acumuladas, pero "xa hai quen non se presentará polos custos que implica" o desprazamento a Madrid para realizar os exames os días 29 e 30 de xuño.

Por iso, a CIG-Xustiza denuncia "o total deixamento e desprezo da Xunta de Galicia cara aos opositores, aos que fai desprazarse a outra comunidade para examinarse dunhas prazas que son de Galicia".

Respecto diso, o responsable do sector da CIG, Xesús H. Sánchez, asegura que á "Dirección Xeral non lle custaba nada coller unha aula na EGAP e habilitala, como noutras ocasións, para facilitar que esas preto de 80 persoas puidesen facer as probas en Galicia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta