Investigan un suposto delito contra a liberdade sexual no festival O Son do Camiño

Teríase producido, supostamente, nunha zona de acampada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2019 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

A Policía Nacional investiga un suposto delito contra a liberdade sexual no festival O Son do Camiño de Santiago, que se celebrou entre o xoves e o sábado da semana pasada no Monte do Gozo.

A investigación abriuse despois da denuncia interposta por unha das asistentes á cita, segundo informaron fontes policiais consultadas por Europa Press.

En concreto, os feitos que se investigan producíronse, supostamente, nunha zona de acampada nas proximidades do lugar no que tiveron lugar os concertos, que congregaron a varias decenas de miles de persoas durante o tres días que durou o festival.

Festival O Son do Camiño. O SON DO CAMIÑO
Festival O Son do Camiño. O SON DO CAMIÑO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta