Un total de 28 empresas concorren á licitación para fornecer equipo electromédico a centros de saúde do Sergas

O concruso é de catro millóns de euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2019 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

Un total de 28 empresas presentouse á licitación para fornecer o novo equipo electromédico destinado a centros de saúde do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Así o informou a Consellería de Sanidade nun comunicado de prensa, no que concreta que este equipamento "é unha das medidas a curto prazo comprometidas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 recentemente aprobado".

O Sergas vai destinar un total de 4.028.695 euros a esta licitación distribuída en tres lotes para este ano 2019. O primeiro deles está destinado á contratación de 475 aparellos de electrocardiografía; o segundo, a 261 desfibriladores; e o terceiro, a contratación de 27 ecógrafos.

"Con este investimento cúmprese o compromiso adquirido no marco do Plan de Atención Primaria de renovación de equipamento e material de diagnóstico obsoleto dos centros de saúde, así como a dotación do equipamento necesario", suliñou Sanidade.

Resonancia magnética instalada no Hospital de Sant Joan. GVA - Arquivo
Resonancia magnética instalada no Hospital de Sant Joan. GVA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta