Galicia sofre o peor saldo vexetativo do Estado: 15.854 mortes máis que nacementos

Lidera a caída de nacementos (-10,3%) ata 16.550, a cifra máis baixa desde que hai rexistros.

Por Europa Press / Redacción | | 19/06/2019 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

Galicia sufriu en 2018 o peor saldo vexetativo de toda España, con 15.854 mortes máis que nacementos, segundo os datos provisionais que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En concreto, houbo 16.550 nacementos, a cifra máis baixa desde que hai rexistros. Galicia lidera a caída (-10,3%) a nivel estatal, seguida pola Rioxa (-9,2%). Este número de alumeamentos é de 5.500 menos que os máis de 22.000 que houbo en 2010.

Por provincias, A Coruña tivo o maior número de nacementos o ano pasado (7.129), seguida de Pontevedra (5.977), Lugo (1.958) e Ourense (1.486). Pola súa banda, os datos de falecementos non deixan de crecer ano tras ano na Comunidade e alcanzan xa os 32.404 en 2018 (442 máis que en 2017). Deste xeito, Galicia acumula tres décadas sen un saldo vexetativo positivo.

A seguinte comunidade con peores datos de saldo vexetativo é Castela e León (-14.199). Tan só tres autonomías (sen contar ás cidades autónomas) están en cifras positivas: Madrid (10.904), Murcia (3.448) e Baleares (1.946).

A ESPERANZA DE VIDA BAIXA PARA HOMES E SOBE PARA MULLERES

Con todo, a esperanza de vida continúa á alza en Galicia, posto que para os nados en 2018 sobe ata 83,10 anos (era de 83,07 en 2017). Mais hai diferenzas por sexos, xa que a de homes baixa a 80,13 anos (era de 80,15 anos en 2017), mentres que para as mulleres avanza ata 85,99 anos (85,90, en 2017).

DESCENSO DE MATRIMONIOS

O INE tamén publica este mércores a estatística relativa a matrimonios de 2018, no que houbo 8.609 en Galicia. Supoñen 678 ligazóns menos que en 2017 (-7,3%). Respecto da forma de casamento en 2018, é maioritario polo civil (6.647 vodas), seguido do rito católico (1.852 casos). Houbo 28 ligazóns por outro tipo de relixión, mentres que en 82 ligazóns non consta de que forma produciuse.

Parella De Anciáns Paseando
Parella De Anciáns Paseando

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Deza forever

A labor destructiva do BNG na Educación...