O PSOE da provincia da Coruña designa aos seus 11 representantes para a Deputación

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2019 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

O PSOE provincial designou nunha reunión mantida na noite deste martes aos seus representantes da Deputación da Coruña para o próximo mandato, no que os socialistas contarán con 11 deputados, fronte aos 8 do anterior.

Tanto a executiva provincial como a comisión de listas aprobaron os nomes dos 11 deputados que integrarán o Grupo Provincial Socialista, no que se incrementa un deputado máis nos partidos xudiciais da Coruña, Santiago e Noia.

O alcalde das Pontes e presidente durante o anterior mandato, Valentín González Formoso, será o candidato do PSOE a presidir a Deputación, tras obter o 98% dos apoios no Comité Provincial, no que están representadas todas as agrupacións socialistas da provincia.

Tras revisar a proposta remitida pola Executiva provincial para elaborar as candidaturas dos deputados provinciais, aprobouse que a Formoso se somen, polo partido xudicial de Ferrol, Ana Lamas, concelleira en Ferrol; polo de Betanzos, Bernardo Fernández (Pontedeume) e polo da Coruña, José Manuel Lage Tuñas (A Coruña), Cristina Capelán (Cerceda) e José Ramón Rioboo Castro (Culleredo).

Polo partido xudicial de Corcubión, serán José Manuel Pequeño (Dumbría) e polo de Noia Sandra González Castro. Polo de Santiago, serán Antonio Leira (Oroso), María Milagros Castro Sánchez (Santiago) e José Blas García Piñeiro (Ames).

Pleno da Deputación da Coruña  DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Pleno da Deputación da Coruña DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta