O historiador Carlos Babío rexeita de novo acudir á conciliación cos Franco, que o denunciaron por "calumnias"

A denuncia, na que tamén participa Atresmedia, foi pola súa participación nun programa de televisión de Mediaset.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2019 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

Do mesmo xeito que coa primeira citación, o investigador e historiador Carlos Babío rexeitou acudir á conciliación cos Franco á que fora citado este mércores para responder por unha denuncia da familia do ditador por inxurias e calumnias, na que tamén figura o Grupo Atresmedia.

A demanda cara a Babío, exconcelleiro do BNG en Sada (A Coruña), foi presentada por mor da súa participación nunha reportaxe dun programa de televisión de Mediaset España SA, que os denunciantes consideran que mantivo un contido "calumnioso". Carlos Babío aparece no programa como neto de "afectada por expropiación" polo Pazo de Meirás.

No texto da demanda, o Franco censuraban que se tentase trasladar á opinión pública a "idea falsa" de que se tratase de ampliar a leira de Meirás respecto dos lindes orixinais "desahuciando aos lindeiros". Os denunciantes aseguraban que o contido da reportaxe foi "difamatorio" e acusan dunha vontade "inxuriosa" e piden reparar os danos e o "desmentido" de afirmacións.

O primeiro acto de conciliación foi fixado para o pasado 25 de marzo e, aínda que Babío xa anunciara que non acudiría, foi finalmente aprazado e fixado para este mércores. Con todo, Carlos Babío asegurou que se mantén firme na súa decisión de non acudir a esta cita "por principios democráticos", por "compromiso coas vítimas" e para ser fiel a "a Verdade, a Xustiza e a Reparación".

Desde a interposición desta e outra demanda que ten pendente co Franco, o historiador sempre mantivo a súa intención de non acudir ata que o caso chegue, hipoteticamente, a xuízo, dado que non ten "nada que conciliar" coa familia do ditador en relación ás súas palabras. A inicios do mes de xuño fíxose pública unha segunda demanda interposta pola familia Franco contra Carlos Babío e o Grupo Atresmedia por inxurias e calumnias, cuxo acto de conciliación tivo lugar a semana pasada, pero ao que o historiador tamén rexeitou acudir.

Carmen Franco
Carmen Franco | Fonte: Europa Press Reportaxes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 NgUR

Por otra parte en 1982, al llegar Felipe González al poder, encargó a Fernández Ordóñez que buscase irregularidades, corrupción o algo para desprestigiar a los Franco. No encontraron nada. Y desde entonces no aparecen en listas de cuentas en Suiza, paraísos fiscales, etc. De hecho, años antes, la duquesa de Franco había sacado unas medallas de su padre para hacerse un reloj. Se las incautaron en la aduana de Barajas, y le abrieron un expediente por contrabando en base a una disposición aprobada post facto, promulgada al día siguiente o a los dos días de producirse la incautación. La afectada fue a los tribunales invocando la irretroactividad de las disposiciones sancionadoras no favorables y ganó el pleito con todos los pronunciamientos favorables, como no podía ser de otro modo.

1 NgUR

Nadie emprende una batalla judicial si no tiene posibilidades de ganarla. En el Código Penal el delito de falso testimonio no solo consiste en faltar sustancialmente a la verdad, sino en alterarla con reticencias, inexactitudes o silenciando hechos o datos relevantes que le fueran conocidos... Este escritor usa testimonios de algunos vecinos que se los contaron, pero hubo otros que sabiendo que era del Bloque no le contaron nada. No hubo ventas forzosas para ampliar Meirás, y eso se puede comprobar porque a algunos vecinos les ofrecieron vender sus tierras para ampliar Meirás, dijeron que no, y se quedaron con las tierras.

1 andate

y usted que intesese tiene en defender la figura de un dictador traidor a la republica

2 NgUR

La verdad. La historia contemporánea está muy tergiversada en todo Occidente, pero en ningún lugar como en España en donde se escribe al dictado de la política o el sensacionalismo.