Aprobadas axudas para reparar danos da gran vaga de lumes, case dous anos despois

O Consello de Ministros autoriza un millón de euros do Fondo de Continxencia para cubrir os danos dos lumes de outubro de 2017.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 21/06/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

O Consello de Ministros autorizou aplicar 1,5 millóns de euros do Fondo de Continxencia para financiar dúas concesións de créditos extraordinarios no Ministerio de Política Territorial e Función Pública, para autorizar subvencións para paliar os danos causados por temporais en varias provincias e polos incendios en Galicia e Asturias.

Unha pastora escapa do lume co seu rabaño en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Unha pastora escapa do lume co seu rabaño en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: © Miguel Núñez.

En total destinaranse 1.572.472 euros, dos que 550.274 euros se empregarán en atenuar danos ocasionados por temporais ocorridos ata final de xuño de 2017 nas provincias de Huelva, Málaga, Cádiz, Valencia e Teruel, segundo o previsto no Real Decreto-Lei 2/2017.

Así mesmo, 1.022.198 euros permitirán reparar danos causados polos incendios forestais do mes de outubro de 2017.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta