A vaga de calor prevista a partir do mércores non afectará a Galicia

O termómetro pasará os 35 graos en amplas zonas do interior peninsular, sendo bastante probable que alcancen e mesmo superen os 40 graos en áreas do centro, interior da metade sur e cuadrante nordeste.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/06/2019 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

A entrada de aire moi cálido procedente do continente africano, xunto coas condicións de inestabilidade atmosférica e a forte insolación propia do verán, provocará un aumento das temperaturas a partir do próximo mércores por encima dos 40 graos. Con todo, esta situación non afectará a Galicia.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o termómetro pasará os 35 graos en amplas zonas do interior peninsular, sendo bastante probable que alcancen e mesmo superen os 40 graos en áreas do centro, interior da metade sur e cuadrante nordeste.

Os vales do Ebro, Tajo, Guadiana e Guadalquivir serán as zonas máis afectadas por este episodio de calor, podéndose alcanzar ou mesmo superar os 42 graos nalgúns puntos, sobre todo no val do Ebro durante o xoves, venres e sábado.

Ademais, as temperaturas mínimas serán tamén significativamente altas, manténdose por encima dos 20 graos en amplas zonas, e mesmo poderían non baixar dos 25 graos no interior da metade sur e centro peninsular, val do Ebro e área mediterránea. En Baleares poderán superarse os 35 graos, sobre todo no interior de Mallorca. Con todo, Canarias, así como probablemente Galicia, Asturias e Cantabria, non se verá afectada por esta situación.

Á súa vez, a Aemet informa de que é posible que as altas temperaturas persistan, polo menos, ata o vindeiro domingo 30 de xuño e non descarta que poidan prolongarse durante os primeiros días de xullo nalgunhas zonas. Debido á intensidade e duración do episodio, esta situación será cualificada como onda de calor emitíndose o correspondente aviso especial nos próximos días.

A vaga de calor non afectará a Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
A vaga de calor non afectará a Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta