Pontón evita aumentar a colaboración co grupo de escindido de Villares

Di que o BNG é unha forza en “crecemento” e que ten un proxecto propio “non sometido” a Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/06/2019 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

“Non adoitamos falar dos problemas doutras formacións”. Foi a frase que repetiu ata en tres ocasións Ana Pontón para evitar confirmar se haberá unha aproximación ou unha colaboración máis fluída co grupo de Villares, que se decidiu escindir de En Marea, tras dous anos de polémicas internas. En todo caso, o que si quixo deixar claro a voceira nacional do BNG é que a súa formación segue crecendo en Galicia.

Ana Pontón e Luis Villares
Ana Pontón e Luis Villares | Fonte: EPG

Este luns, en rolda de prensa, a líder nacionalista esquivou en varias ocasións as preguntas sobre si aumentará a colaboración co grupo de Villares e insistiu en que o BNG ten un proxecto propio “moi definido” e que non ten que ver con outras forzas políticas nin “con submisións a Madrid”.

“Precisamente, xa que o grupo de Villares asegura que non están agora sometidos a ningunha submisión de forzas estatais, non considera que se poderían abrir máis vías de colaboración con este grupo?”, preguntóuselle. “O BNG non quere interferir en ningún problema interno doutras formacións”, foi logo a escueta resposta que deu.

Pontón insistiu en que as eleccións dos últimos meses constataron que o BNG, é unha formación “en crecemento imparable” e que as autonómicas serán o reflexo dese crecemento do nacionalismo galego. “Os galegos o que non queren é unha submisión a Madrid”, indicou. Precisamente, un dos argumentos utilizados por Luís Villares para romper con Podemos, Izquierda Unida e Anova é que o seu proxecto é "para e por Galicia", sen sometementos a estratexias de Madrid.

Hai uns días, Xuntos, unha escisión de Podemos Galicia moi crítica coa formación morada, propuña unha unidade de acción ao BNG e a En Marea de cara a traballar conxuntamente nas próximas eleccións autonómicas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 XCE

“Os galegos o que non queren é unha submisión a Madrid”. Pois tendo en conta o resultado dos últimos procesos, e comparando a suma dos votos do PSOE, PP, UP e C's cos que acadou o BNG só lle podería recomendar a Ana Pontón que nos aclare quen son para ela "Os galegos". Só os que votan ao seu partido?