A Xunta asegura que os estaleiros galegos recuperan o "liderado" tras "anos de dificultade"

O conselleiro de Economía e Industria destaca a creación de emprego no sector.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 24/06/2019 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

O conselleiro de Economía e Industria da Xunta, Francisco Conde, declarou este luns, na xunta de accionistas da empresa de estaleiros PYMAR, que o sector naval español e, en particular o galego, está a recuperar o "liderado" despois de "anos de dificultade".

Estaleiro Vulcano, en Vigo
Estaleiro Vulcano, en Vigo | Fonte: @ Miguel Núñez

O titular de Industria destacou o auxe que está a vivir actualmente o sector naval en España e, particularmente en Galicia, onde o bo funcionamento dos estaleiros está a ser "consecuencia directa na creación de emprego". Así, no últimos catro anos recuperouse "ata un 20% das afiliacións" á Seguridade Social para un total de 40.000.

Ademais, o volume de negocio do sector durante o ano 2018 alcanzou os "2.000 millóns de euros en Galicia", cifras que "teñen unha causalidade e é que en España hai unha visión estratéxica e compartida polas administracións con respecto ao sector naval", afirmou o conselleiro.

Pola súa banda, Conde tamén quixo destacar o labor da empresa pública de construción naval Navantia, que "está a impulsar a fabricación de cruceiros de alta gama, a renovación da frota pesqueira e a fabricación de buques oceanográficos", ademais da creación dunha fábrica intelixente coñecida como "estaleiro 4.0".

"En Galicia estamos a impulsar todos os desenvolvementos de innovación e xa mobilizamos máis de 35 millóns de euros en innovación, a través do traballo colaborativo entre a industria, o coñecemento e a formación de profesionais", sentenciou Conde.

Segundo o Informe de Actividade do Sector da Construción Naval de 2018, presentado este luns na Xunta Xeral de Accionistas da Sociedade PYMAR, a carga de traballo contratada polos estaleiros galegos crece un 50%.

Galicia conseguiu 14 novos contratos o último exercicio, por un importe de 540 millóns de euros, o 60% da contratación total en España. Desta forma, Galicia obtivo en 2018 os mellores datos de contratación dos últimos dez anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta