O Parlamento de Galicia nomea senadores a Jesús Vázquez, Elena Muñoz e José Manuel Sande

Accede como deputada Jackeline Fernández, do PPdeG, en substitución de César Fernández Gil, novo alcalde de Ribadavia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 10:42

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia nomeou a Jesús Vázquez, Elena Muñoz e José Manuel Sande como representantes da Autonomía na recentemente iniciada lexislatura da Cámara Alta.

A votación desenvolveuse nun pleno extraordinario celebrado no arranque da sesión que o Pazo do Hórreo acolle desde este martes. A única proposta elevada ante a Cámara recibiu 68 votos a favor e oito en branco.

Así, os exconselleiros e candidatos ás alcaldías de Vigo e Ourense nas últimas eleccións municipais, Elena Muñoz e Jesús Vázquez, respectivamente, convértense en senadores por designación autonómica a proposta do Partido Popular de Galicia, grupo maioritario na Cámara.

Tamén será represenante da Comunidade galega na Cámara Alta o exconconcelleiro de Cultura do Concello da Coruña José Manuel Sande, cuxa elección no seo do grupo de En Marea a proposta dos deputados críticos con Luís Villares foi o detonante que provocou a saída do ata agora portavoz e outro tres deputados ao grupo mixto.

Antes da votación, desenvolvida en urna, gardouse un minuto de silencio en memoria do exdiputado socialista Raúl Fernández, falecido a pasada semana tras padecer unha enfermidade. Así mesmo, Jackeline Fernández fixo o ingreso como deputada do PPdeG en substitución de César Fernández Gil, novo alcalde de Ribadavia (Ourense).

Sesión no Parlamento galego
Sesión no Parlamento galego | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta