Unha vintena de concertos ao aire libre para gozar do 'Atardecer no Gaiás'

O ciclo de música volve a Santiago con concertos todos os xoves, venres e sábados, do 4 de xullo ao 17 de agosto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

O ciclo 'Atardecer no Gaiás' volverá pór a banda sonora aos ocasos na Cidade da Cultura con 20 concertos ao aire libre, que terán lugar todos os xoves, venres e sábados do 4 de xullo ao 17 de agosto.

O grupo galego De Vacas, un dos participantes no ciclo 'Atardecer non Gaiás'. XUNTA - Arquivo
O grupo galego De Vacas, un dos participantes no ciclo 'Atardecer non Gaiás'. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Incluído dentro do programa 'Verán no Gaiás', este ciclo incluirá unha selección de talento galego con actuacións como a de De Vacas ou a de Agoraphobia.

Ademais, a praza central do Gaiás acollerá propostas do ámbito estatal, como Cecilia Krull, que abrirá o ciclo, e internacional, como é o caso dos mexicanos Kumbia Boruka ou Miss Bolivia.

O cartel desta edición volve confirmar a aposta do ciclo polas voces femininas, como son Kumbia Queers, de Arxentina; e por xéneros emerxentes, como o flamenco-pop das Faragullas.

Así mesmo, tamén haberá espazo para a música indie de Floridablanca, Ladilla Rusa ou Monterrosa, os composteláns Malraio, o pontevedrés Soulmacklein ou os Best Boy, que pechará o certame.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta