Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/06/2019 | Actualizada ás 18:26
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, mostrouse convencido de que nestes momentos se pode falar dun "futuro" para a planta coruñesa de Alcoa, tras a oferta do fondo suízo Partner.
A preguntas dos xornalistas, coincidindo coa reunión convocada este martes co Ministerio de Industria, Alcoa, Partner e a representación sindical, Losada mostrouse confiando en que saian "boas" noticias para avanzar "na consecución do que queremos". "O traballo e a actividade industrial", sentenciou. Por outra banda, Losada recalcou que sempre sostivo que "partira" e subliñou a "unidade de acción" que, ao seu xuízo, se mantivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.