O alcalde de Vilanova non rectifica e insiste en chamar a Carmela Silva "chacha para todo do ancián Abel Caballero"

"Como vou retirar unha cousa que dixen e que ten o seu sentido no contexto que o dixen?", sostén Gonzalo Durán sobre os seus insultos á presidenta da Deputación de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

O alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán (PP), reafirmouse en chamar "chacha para todo" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e négase a retirar as súas palabras porque "ten o seu sentido" no "contexto" no que pronunciou as declaracións.

Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova
Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova | Fonte: TVG.

Na súa comparencencia ante o Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra que investiga ao rexedor arousán por un delito de inxurias, Durán aseverou que chamou a Silva "chacha para todo" do "ancián", en referencia ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, porque a dirixente socialista "fai o traballo sucio" ao rexedor da cidade olívica.

Á saída do edificio xudicial da Parda, en Pontevedra, Gonzalo Durán asegurou que el "nunca" se arrepinte "de nada" do que di. Así, limitouse a indicar que ao chamar "chacha" a Carmela Silva "non" quería dicir "que lle varrese a casa" ao alcalde vigués

Neste sentido, afirmou que o sentido das súas palabras ía encamiñado a que Silva é "unha correa de trasmisión" que se dedica a facer o "traballo sucio" para Abel Caballero, en referencia á "corrupción" e as "cacicadas", que segundo o rexedor popular, leva a cabo o bipartito PSOE-BNG na Deputación de Pontevedra.

Ademais, Gonzalo Durán pediu que se investigue á institución provincial porque "quita o diñeiro aos concellos pequenos para levalo ao Concello de Vigo", algo que considera que é "un traballo sucio e por iso é polo que se sustente a expresión de chacha para todo".

"Como vou retirar unha cousa que dixen e que ten o seu sentido no contexto que o dixen?", reiterou o alcalde de Vilanova de Arousa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

agora veremos como Carmela envolta na bandeira do feminismo fará campaña nas redes sociais tuiteando dende a súa humilde mansión dende a illa de Toralla ? https://www.google.com/maps/d/viewe...