¿Por que escoitas a Silvio Rodríguez?... Unha tese da USC explica os motivos

Leticia Carrera Pérez asina unha tese sobre o artista cubano na que pretende explicar a construcción textual do cantautor e como logrou "gañar esa permanencia e audiencia notable e durareiras no tempo para diversas xeracións".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O cubano Silvio Rodríguez é un dos cantautores máis sobresalientes da fala hispana. Leticia Carrera Pérez acaba de publicar unha tese sobre o artista titulada “Silvio Rodríguez: Contra a cristalización do gusto e as ideas”, cualificada cun sobresaliente cum laude. Este traballo de investigación pretende entender a construción dos textos de Rodríguez. Tamén establecendo relación cos campos político, económico, social, cultural e ideolóxico da súa nación e cos fenómenos internacionais que viviu.

Silvio Rodríguez
Silvio Rodríguez | Fonte: zeroth wikipedia

A hipótese previa para a confección da tese foi que “o trobador cubano ten sido moitas ocasións entendido como innovador, complexo e hermético inmerso igualmente no proceso revolucionario cubano”. A partir de aquí a investigadora busca profundar sobre as chaves da construción textual do músico, de xeito que poidan axudar a explicar a súa “constante atracción popular e a súa singularidade no intersistema da canción latinoamericana contemporánea para gañar esa permanencia e audiencia notable e duradeiras no tempo para diversas xeracións”.

Para Carrera Pérez, o sentimento, e máis concretamente o amor, é a matriz de case a totalidade dos textos de Silvio Rodríguez. Ademais, afirma que se caracteriza polo seu enfoque en diálogo con innovacións no eido literario cubano e latinoamericano, como a polisemia e o matiz ideolóxico en resposta ás circunstancias sociais do momento. Segundo a investigadora, estas particularidades son “chave no devir da obra e posición do autor”, ao tempo que se manteñen “nunha posición central ao longo de máis de cincuenta anos de produción”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta