Denuncian un "control case nulo" do consumo de alcol entre cazadores galegos, con "só 8 controis en sete anos"

"Os datos achegados son moi alarmantes, con 1,14 probas cada ano fronte ás 42.000 persoas que disporían de licenza agora", apuntan animalistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber denunciaron que en Galicia se está levando a cabo unha "porcentaxe de inspección case nulo" en relación ao consumo de alcol entre os cazadores, con "só oito controles en sete anos".

A través dunha nota de prensa, a asociación explicou que solicitaron á Dirección Xeral da Garda Civil os datos de controis de alcoholemia e de sustancias estupefacientes realizados a cazadores no marco desta actividade en Galicia. Segundo lles trasladaron, apuntan, foron "só oito" no período 2013-2018, un dato "sorprendente á vez que preocupante".

Os animalistas propuxeron nos últimos meses un reforzo deste tipo de actuacións preventivas para evitar que os cazadores consuman alcol ou drogas "que poidan alterar a súa conduta e capacidades durante unha batida". "Pero os datos achegados son moi alarmantes, con 1,14 probas cada ano fronte ás 42.000 persoas que disporían de licenza agora", estiman.

A Lei de Caza de Galicia, indican, "recolle a posibilidade de realizar probas de alcoholemia", pero "non regulamenta nin os tipos máximos nin os mínimos, o que na práctica fai inaplicable o artigo". Para os animalistas é "preocupante" que "unha persoa con arma de fogo" non sexa "sometido de forma regular a controis psicotécnicos, médicos e de consumo deste tipo de sustancias"

Control de alcol establecido pola Garda Civil
Control de alcol establecido pola Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta