As vendas da industria manufactureira galega soben un 7,6% en 2018

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 11:33

Comparte esta noticia

O valor das vendas de produtos da industria manufactureira de Galicia alcanzou os 29.096 millóns de euros en 2018, o que supón unha subida do 7,6% respecto ao ano anterior, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Deste xeito, Galicia rexistrou o sexto maior avance entre comunidades, que lidera Navarra (+11,5%). O aumento galego está dous puntos por encima da media (+5,5%).

As agrupacións de actividade que máis contribuíron ao total das vendas de produtos da industria manufactureira en 2018 en Galicia foron: alimentación, bebidas e tabaco (23,6%); material de transporte (20,8%); así como coquerías, refino, químicas e produtos farmacéuticos (+11,7%).

No conxunto do Estado, o valor das vendas de produtos da industria manufacturera sumou 416.058 millóns de euros o pasado ano, o que representa esa subida do 5,5% respecto ao ano anterior.

A exportación de materias plásticas e as súas manufacturas é a que máis creceu. EUROPA PRESS/ARQUIVO / Europa Press
A exportación de materias plásticas e as súas manufacturas é a que máis creceu. EUROPA PRESS/ARQUIVO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta